Vilaboa é un lugar da parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 12 habitantes (oito homes e catro mulleres).

Patrimonio O hórreo de Vilaboa é considerado unha das hórreas (variante de máis largura) de maiores dimensións de Galiza. Protexido estruturalmente polo PXOM, foi restaurado após o ano 2017, cando o concello abriu un proceso administrativo ós propietarios por mor do mal estado de conservación.

A coñecida como Casa de Mera, igualmente protexida, e á cal pertence o devandito hórreo, está relacionada posibelmente co Pazo de Mende. Posúe dous escudos de pedra na fachada nos cales aparecen representadas as armas das liñaxes dos Ponte e dos Andrade.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mezonzo

Parroquias de Vilasantar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilasantar

Categoría:Lugares de Vilasantar