Carlo Levi, nado en Turín o 29 de novembro de 1902 e finado en Roma o 4 de xaneiro de 1975, foi un pintor, escritor e antifascista xudeu-italiano, un dos fundadores do grupo "Guistizia e Libertà" e autor, entre outras obras, de Cristo parou en Ebolí.
Traxectoria Pasou a primeira parte da súa vida en Turín. En 1924 graduouse en medicina con boas notas e obtivo un posto como pintor na Bienal de Venecia. Pronunciouse contra o réxime fascista de Mussolini e foi por iso ó cárcere varias veces. No 1935 foi confinado nunha aldea de Lucania. No 1939 exiliouse á Bretaña, regresando a Italia por mor da ocupación de Francia polos nazis. En 1943 volveu á cadea en Italia e participou activamente na resistencia, formando parte do "Comité de Liberación de Toscana". A súa obra máis coñecida, Cristo parou en Éboli, publicouse en plena posguerra, acadando un clamoroso éxito. No momento da súa morte en 1974 era senador da República Italiana.Levi, Carlo (1990), Cristo parou en Éboli, Edicións Xerais de Galicia, na noticia do autor.
Obra Cristo parou en Éboli (Cristo si è fermato a Eboli, Einaudi, Turín, 1945); traducido ao galego por Silvia Gaspar e publicado en 1990 por Edicións Xerais na colección Grandes do noso tempo. Paura della libertà,Turín, 1946; L'orologio,Turín, 1950; Le parole sono pietre,Turín, 1955; II futuro ha un cuore antico,Turín, 1956; La doppia notte dei tigli, Turín, 1959; Un volto che ci somiglia, Turín 1960; Tutto il miele è finito,Turín, 1964;
Notas
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados en Turín Categoría:Finados en 1975