miniatura|Sólido de Xustiniano II. No anverso, un busto de Cristo; no reverso, o emperador sostendo un globo coa palabra PAX. miniatura|190px|Semissis de Anastasio I miniatura|170px|Tremissis de Xustino I

Coñécese como moeda bizantina a moeda utilizada na parte oriental do Imperio Romano logo da caída de Roma en 476, con base en dous tipos principais: o sólido, de ouro, que pasa a ser chamado nomisma (o grego substitúe o latín como lingua da Administración), e diversas pezas de bronce. A moda de prata, ausente no inicio do Imperio Bizantino por mor da dificultade de fixar a súa paridade co ouro, fixo a súa aparición a finais do imperio.Pina, Manuel. "Introducción a la numismática bizantina ". En Tesorillo.comMorrisson, C. "Numismatique Byzantinne". En Anuaires de l'École des hautes études. París, 1974. Páxinas 339-346

Este sistema monetario, no que o nomisma ou sólido bizantino será substituído polo hyperpyron baixo Aleixo I Comneno, continuou cunha relativa estabilidade ata a caída de Constantinopla, en 1453, coa excepción da derradeira etapa do imperio, cando a desvalorización da moeda de ouro obrigou a substituír a moeda deste metal polas de prata e a crear novos valores de cobre.Cartwright, M. "Byzantine coinage". En Ancient History Encyclopedia

Logo da súa creación, no período de Constantino I, o sistema foi reformado en varias ocasións. As principais reformas foron as de Anastasio I (491-518), Aleixo I (1081-1118) e Andrónico II (1282-1328).Cartwright, M. "La reforma monetaria de Anastasio: el nacimiento de las monedas bizantina". En Monedas antiguas (en castelán)Nobes, A. "The Economic and Monetary Policy of the Byzantine Empire under Alexios I Komnenos". En Rosetta 11:56-71. 2012

Iconografía miniatura|esquerda|Sólido de Constantino I, coroado con loureiro á maneira dos emperadores romanos. No reverso a Vitoria. dereita|miniatura| Miliaresion dos anos 931-944, que amosa a Romano I Lecapeno no anverso e o seu nome e os dos seus coemperadores no reverso. dereita|miniatura|Dinar do califa al-Mustansir (1036-1094)

As primeiras moedas bizantinas suxeitábanse á tradición iconográfica romana, amosando nos anversos o busto do emperador de perfil e no reverso algunha escena que se conmemoraba. Mais o emperador pasou axiña a representarse de fronte nos anversos, entanto que as escenas pagás dos reversos se substituían por símbolos cristiáns como unha cruz, a Vitoria ou un anxo.Montemurro. L. M. "Monedas de las Cruzadas: introducción al análisis de su iconografía y estilo". En Mirabilia. 10. Xaneiro-xuño de 2010. ISSN 1676-5818"Iconografía sacra". En Las monedas de Bizancio (www.mundonumismática.com.ar)

Baixo Xustiniano II (705-711) revertiuse esta práctica, coa aparición do busto de Cristo nos anversos e un retrato do emperador de fronte, de corpo enteiro ou só o busto, nos reversos. A primeira aparición de Cristo sobre unha moeda fora xa en tempos do emperador Marciano (450-457), pero non chegara a se converter en regular.Banning (1987). Páxina C 20)."The byzantine emperors on coins". En Dumbarton Oaks. Research Library and Collection.Margulies, Z. "Christian Themes in Byzantine Coinage. 307-1204 CE". En Forum Ancient Coins.

Parece que foi esta innovación na iconografía das moedas a que levou o califa Abd al-Malik (que ata daquela imitara as moedas bizantinas) a substituír os símbolos cristiáns por un novo estilo, xa tipicamente islámico, non que non se amosan máis que caracteres árabes en ambas as dúas faces.

A práctica comezada baixo Xustiniano II recuperouse ao final do período iconoclasta e, con variacións, permaneceu como norma ata o final do imperio.Méndez Barozzi, R. "Período de la Controversia Iconoclasta (717-842) ". En Breve introducción a la moneda bizantina. Numismático Digital. 2015"Moneda Bizantina: Período de la Controversia Iconoclasta (717-842 DC) ". En Comunidad Numismática Virtual

Sistema de ouro O sólido bizantino e o nomisma dereita|miniatura|Sólido bizantino ou nomisma de Irene e o seu fillo Constantino VI, cuñada entre 793 e 797 dereita|miniatura|Tetarteron nomisma de Nicéforo II Focas dereita|miniatura|Histamenon nomisma de Nicéforo II Focas miniatura|120px|Besante chipriota a nome de Hugo I (1205-1218)

Cuñado por primeira vez no obradoiro monetario de Trier cara a 310, o sólido foi unha moeda de ouro creada por Constantino I (306-337) para financiar o seu exército, en substitución do áureo, que fora ata entón a moeda de ouro do Imperio."La création du Solidus par Constantin ". En Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.comJarpagon (2007). Páxina 325. A finais do século IV equivalía a 1/72 libra, cunha pureza de 24 quilates de ouro e un peso 4,5 gramos. Coa nova denominación de nomisma, permaneceu como base do sistema monetario bizantino durante dez séculos e, mesmo, mantivo a súa vixencia durante un longo tempo de no norte de África e nos países da conca Mediterránea.Morrisson (2004). Páxina 218."Glosario de unidades monetarias: Sólido". En Pita Fernández, Ricardo Luís. Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Sólido".

Durante os séculos VI e VII, emitiuse unha serie de sólidos cun peso rebaixado de arredor de 3,96 gramos e cunha marca particular, cuxo propósito hoxe se descoñece. Xa no período de Teodosio I (379-395), a creación do medio sólido, denominado semissis, e especialmente do terzo de sólido ou tremissis (1,5 gramos de ouro), este último cuñado en grandes cantidades, converteu a moeda de ouro en máis accesible para a poboación e aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tremissis" e "Semissis". Estas dúas novas moedas continuaron a súa produción en Constantinopla ata o período de Miguel I (811-813), e en Siracusa, ata o imperio de Basilio I (867-886).Petit (1974). Páxina 671.

Nicéforo II Phocas (963-969) emprendeu numerosas campañas contra os Árabes e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma, denominada tetarteron nomisma, que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.Treadgold (1997). Páxina 503.Hendy (1985). Páxina 507. Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse histamenon nomisma ao nomisma estándar. Algúns investigadores numismáticos teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do dinar fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O tetarteron foi usado ata 1092, cando foi substituído por unha moeda de cobre do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".

Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo Basilio II (976-1025) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o tetarteron nomisma pasou a ter un tamaño menor, o histamenon nomisma fíxose máis grande e máis groso. Baixo o emperador Constantino VII (1025-1028) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 mm e un peso de 3,98 gramos, mentres que o histamenon alcanzou un diámetro de 25 mm e adquiriu unha forma cóncava, denominada "scyphate" (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20 mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de electro (aliaxe de ouro e prata) e de billón (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do século XI, o nomisma (tanto o histamenon coma o tetarteron) mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador Miguel IV (1034-1041), nado nunha familia de cambistas en Paflagonia (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz Zoe), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365. Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con Constantino IX (1042-1055), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con Constantino X (1059-1067), a 16 quilates (66,7% de pureza) con Romano IV (1068-1071), a 14 quilates (58 % de pureza) con Miguel VII (1071-1078), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo Nicéforo III (1078-1081) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de Aleixo I (1081-1118).

O termo besante (do francés antigo: besant) utilizouse en Europa Occidental durante a Idade Media, sobre todo entre os séculos X e XIII, para designar varias moedas de orientais e da área mediterránea, de ouro, derivadas do sólido bizantino e do nomisma, entre elas o hyperpyron.

O hiperpyron

dereita|miniatura|Hyperpyron de Manuel I Comneno, cuñado nun disco cóncavo ("scyphate") Durante a segunda parte do seu reinado, Aleixo I procedeu a unha reforma radical do sistema monetario. O nomisma desaparece nas súas dúas variedades (histamenon e tetarteron) e substitúese por unha nova moeda de ouro, o hyperpyron, cunha pureza do 90 %, un peso de 4,45 gramos e un diámetro lixeiramente menor co do vello nomisma.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hyperpyron".

O hyperpyron permaneceu en circulación ata a caída de Constantinopla en 1453. Con todo, desvalorizouse significativamente ata que, no reinado conxunto de Xoán V (1347-1353) e Xoán VI (1347-1353), deixou de ser cuñado.Sear (1987). Nº 2.526.Sommer (2010). Nº 84,1.

Sistema de prata dereita|miniatura| Siliqua de Xoviano (363-364) dereita|miniatura|Hexagrama de Constante II e Constantino IV dereita|miniatura| Reprodución do primeiro miliaresion emitido polo emperador iconoclasta León III, para celebrar a coroación do seu fillo Constantino V. É salientable a ausencia de figura humana, substituída pola cruz. dereita|miniatura|Aspron trachy de Andrónico I Comneno (1183-1185) dereita|miniatura|Exemplar de basilikon, con Cristo sedente e as imaxes de Andrónico II e Miguel IX sostendo un lábaro entre eles, coa lenda: ΘΕΕ ΒΟΗΘΕΙ AYTOKPATOPEC PWMAIWN ("Deus axuda os emperadores dos romanos"). miniatura|Stavraton de Xoán V Paleólogo

Durante un longo tempo, a prata non xogou máis ca un papel subalterno no sistema monetario bizantino, debido a que o valor deste metal flutuaba constantemente en relación ao do ouro.

A siliqua

A siliqua (lat. siliqua) foi unha pequena moeda romana de prata cuxa cuñaxe comezou no século IV da nosa era."La silique, une monnaie romaine en argent du IVme siecle". En Sacra-moneta.com Creada baixo o reinado de Constantino I para reestruturar un sistema monetario que databa de Augusto, o siliqua, que recibiu o nome de keration (plural keratia) no Imperio Bizantino, tiña un peso de 2,24 gramos de prata, a metado do sólido de ouro.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Silicua".

O hexagrama

O emperador Heraclio (610-641) fixo bater en 615 unha moeda de prata chamada hexagrama (grego: ἑξάγραμμα, hexagramma) para atender as necesidades da súa guerra contra o Imperio Sasánida. Con este fin, utilizou pratos e bandexas de prata confiscados en igrexas. Cun peso de 6,84 gramos, valía  1/12 de sólido de ouro, e chegou as ser utilizado baixo o seu sucesor, Constante II, pero foi gradualmente eliminado da circulación a partir de Constantino IV (668-685).Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hexagrama".Grierson (1999). Páxina 13.Kazhdan (1991). "Hexagram". Vol. 1. Páxina 927.

O miliaresion

Baixo León III (717-741) apareceu unha nova moeda de prata chamada miliaresion, chamada así porque nos seus inicios tiña o valor de 1.000 nummi de cobre.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Miliaresion". Foi emitida para celebrar a coroación do seu fillo Constantino como co-emperador en 720. Estas pezas estaban cuñadas sobre dirhams árabes e valían 1/12 de nomisma.Treadgold (1997). Páxina 340.

O aspron