O exómero é un complexo proteico heterodímero similar a COPI e outras adaptinas. Foi descrito por primeira vez no lévedo Saccharomyces cerevisiae. O exómero é un adaptador de cargamento importante para o transporte de moléculas desde o aparato de Golgi cara á membrana celular. As vesículas nas que se encontra son diferentes das vesículas COPI porque non parecen ter unha "cuberta" ou "armazón" que as rodee.
Pode verse un resumo da localización celular do exómero e doutros adaptadores de cargamento de vesículas aquí. O exómero únese a dúas moléculas do factor de ADP-ribosilación 1 (Arf1) como se mostra nesta figura. Crese que unha rexión bisagra que ten o exómero é importante para a formación dunha vesícula de membrana moi curvada como se mostra nesta figura. Os pasos necesarios para a ensamblaxe do exómero sobre a membrana de Golgi móstranse nesta figura.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Complexo adaptador AP2 Vesículas de clatrina Vesículas COPII Proteína adaptadora do transporte vesicular
Categoría:Complexos proteicos