Meghan, duquesa de Sussex, nada como Rachel Meghan Markle nos Ánxeles o 4 de agosto de 1981, é unha activista e antiga actriz estadounidense, membro da familia real británica logo do seu matrimonio co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018.
Traxectoria Vida temperá Filla de Doria Loyce Ragland, traballadora social e profesora de ioga, e de Thomas Markle Sr., antigo director de fotografía gañador dun Emmy e a pequecha Meghan acompañaba con frecuencia a seu pai ao estudio de gravación de Married...with Children. Seus pais divorciáronse cando ela tiña seis anos e ten dous medios irmáns por parte de pai, Thomas Markle Jr. e Samantha Grant. Criouse en Hollywood e estudou en colexios privados, ao primeiro no Hollywood Little Red Schoolhouse e logo na Immaculate Heart High School, un instituto feminino e católico nos Ánxeles , así a todo ela identifícase como protestante.
Como actriz
En 2003 graduouse na Universidade Northwestern en teatro e estudos internacionais, realizou papeis secundarios en diferentes series de televisión norteamericanas e de 2011 a 2017 interpretou a Rachel Zane na serie de avogados Suits e mais tamén salienta o seu papel como axente especial Amy Jessup en Fringe. No cinema actuou en Remember Me e Como acabar co teu xefe. En xuño de 2016 comezou unha relación sentimental co príncipe Henrique que se deu a coñecer oficialmente o 27 de novembro de 2017, e asemade Meghan anunciaba que se retiraba como actriz.
Como duquesa Casou co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018. O 15 de outubro do mesmo ano, anunciouse o seu primeiro embarazo. O 6 de maio de 2019 naceu o seu primeiro fillo, Archie Harrison Mountbatten-Windsor.
En 2018 a revista Time considerouna unha das "100 persoas máis influentes do mundo".
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1981 Categoría:Actores de California Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Familia real británica