Antonio Queiruga Fernández, nado o 27 de novembro de 1897 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1982,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1982, p. 47. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre. Foi designado alcalde de Negreira o 16 de abril de 1941. Foi cesado o 14 de febreiro do ano seguinte, por un chivatazo ou malos informes falanxistas, que denunciaron a súa anterior militancia en Izquierda Republicana. Finou na Coruña con 85 anos.

Vida persoal Casou con María de los Dolores Sarasquete Hermo, con quen tivo catro fillos: Juan Manuel, María Dolores, Francisca e Antonio Lucrecio (arquitecto municipal de Ribeira) Queiruga Sarasquete.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Negreira na guerra do 36.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes