A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976. Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.

As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar os reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos. O plan tamén incluía preparación contra unha eventual resistencia armada por parte das tropas ugandesas.

A operación de rescate executouse pola noite, cando foron transportados por vía aérea 100 comandos de elite israelís a máis de 2500 km de distancia ata Uganda. A operación, que foi ideada durante unha semana, durou 53 minutos e se rescataron 103 reféns. Cinco comandos israelís resultaron feridos e o comandante da unidade de asalto, morreu durante a operación. Todos os secuestradores, tres reféns e corenta e cinco soldados ugandeses morreron e once MiG-17 de fabricación soviética foron destruídos en terra. Un cuarto refén foi asasinado por integrantes do exército ugandés nun hospital próximo.Middle Eastern terrorism, Mark Ensalaco p. 101 University of Pennsylvania Press, 2007"Body of Amin Victim Is Flown Back to Israel". New York Times. 4 de xuño de 1979, Monday, p. A3.

A operación, que tivo o nome en clave Operación Trono, coñécese ás veces como Operación Jonathan en memoria do líder da unidade de asalto finado, Yonatan Netanyahu, quen era o irmán máis vello de Benjamin Netanyahu, primeiro ministro de Israel de 1996 a 1999 e desde 2009. Como resultado da operación os militares estadounidenses implantaron equipos de rescate altamente adestrados inspirados na operación Entebbe. O intento máis notable de imitala foi a Operación Garra de Aguia, un rescate infrutuoso de cincuenta e tres funcionarios retidos en Teherán durante a crise dos reféns en Irán.Dershowitz, Alan M. Preemption: A Knife that Cuts both Ways, W. W. Norton (2006) p. 91Houghton, David Patrick. U.S. Foreign Policy and the Iran Hostage Crisis, Cambridge Univ. Press (2001) pp. 86-87

Secuestro O 27 de xuño de 1976, o voo 139 de Air France, un Airbus A300B4-203, con matrícula , despegou desde Tel Aviv, con 248 pasaxeiros na súa maioría xudeus e israelís e 12 tripulantes. A aeronave fixo unha escala en Atenas, onde recolleu a 58 pasaxeiros máis, incluídos catro secuestradores. O avión despegou cara París ás 12:30. Xusto despois da engalaxe, o avión foi secuestrado por dous palestinos pertencentes á Fronte Popular para a Liberación de Palestina - Operacións Externas (PFLP-EO), e dous alemáns,Wilfried Böse e Brigitte Kuhlmann, do grupo terrorista alemán Células Revolucionarias. Os secuestradores tomaron o mando do avión e puxeron rumbo a Bengasi en Libia, onde permaneceron durante sete horas repoñendo combustible. Durante ese tempo, os secuestradores liberaron a cidadá británico-israelí Patricia Martell tras finxir que estaba tendo un aborto. O avión deixou Bengasi e ás 3:15 pm do día 28 de xuño, máis de 24 horas despois de saír de Tel Aviv, aterraron no aeroporto de Entebbe en Uganda.

Situación dos reféns no aeroporto de Entebbe En Entebbe, catro secuestradores uníronse aos demais, apoiados polas forzas do presidente de Uganda, Idi Amin. Os secuestradores transferiron aos pasaxeiros até o terminal do aeroporto onde os mantiveron baixo vixilancia durante os seguintes días. O presidente Amin visitou os reféns case a diario, informando dos avances e prometéndolles que utilizaría o seu poder para liberalos nas negociacións.

O 28 de xuño, un secuestrador do PFLP-EO emitiu unha declaración e expresou as súas demandas: ademais dun rescate de 5 millóns de dólares para a liberación do avión, exixían a liberación de 53 palestinos e militantes pro-palestinos, 40 dos cales estaban presos en Israel. Ameazaron con que se as súas demandas non se cumprían, comezarían a matar reféns o día 1 de xullo.

Separación dos reféns en dous grupos O 29 de xuño, despois de que os soldados ugandeses abriran unha entrada a través da parede, ata unha estancia situada ao lado da que empregaban para reter aos pasaxeiros, os secuestradores separaron aos israelís (incluídos aqueles de dobre nacionalidade) do resto do grupo e dixéronlles que se moveran ata a outra sala. Mentres o facían, un supervivente do Holocausto mostrou ao secuestrador Wilfried Böse unha tatuaxe co número de rexistro dun campo de concentración no seu brazo. Böse protestou dicindo: "Eu non son Nazi! ... Sou idealista!". – A review of Hitler's children by Julian Becker,; Ademais, cinco reféns non israelís –dúas parellas de xudeus ultra-ortodoxos dos Estados Unidos e Bélxica e un residente francés en Israel– foron obrigados a unirse ao grupo israelí. Segundo Monique Epstein Khalepski, a refén francesa deste grupo, os raptores a sinalaron por preguntar e sospeitaron que agochaban as súas identidades israelís. Por outra banda, segundo o refén francés Michel Cojot-Goldberg, os raptores non foron capaces de identificar polo menos a un israelí entre os pasaxeiros que era un oficial do exército con dobre nacionalidade e que usou o seu pasaporte non israelí e quedou liberado posteriormente entre o grupo reféns non israelís. A estadounidense Janet Almog, a francesa Jocelyne Monier (cuxa parella era israelí) e o franco-israelí Jean-Jacques Mimouni, cuxo nome non fora mencionado durante a lectura da listaxe de pasaportes, uníronse ao grupo de reféns israelís por propia vontade.

Liberación da maioría dos reféns non israelís O 30 de xuño, os secuestradores liberaron 48 reféns. Os liberados foron escollidos entre o grupo de pasaxeiros non israelís –principalmente os máis vellos, os enfermos e as nais con nenos–. Corenta e sete deles foron enviados a París mentres que un deles tivo que ser hospitalizado durante un día. O 1 de xullo, logo de que o goberno de Israel comunicara o seu acordo ás negociacións, os secuestradores aumentaron a data límite para cumprir coas súas exixencias ata o 4 de xullo e liberaron a outro grupo de 100 persoas non israelís. Este segundo grupo tamén foi enviado a París poucas horas despois da súa liberación. Entre os 106 secuestrados que permaneceron no aeroporto de Entebbe estaban os 12 tripulantes de Air France, arredor de 10 mozos franceses e un grupo de israelís de 84 persoas.

Nacionalidade dos pasaxeiros NacionalidadePasaxeirosTripulaciónTotal40420242125425025101840849091011015053003032032Total24812260

Planificación da operación Na semana anterior ao rescate, Israel tratou de solucionar o problema pola vía diplomática. Varias fontes suxiren que o goberno israelí estaba disposto a liberar os reféns palestinos se a operación militar fracasaba. O oficial retirado das FDI, Baruch "Burka" Bar-Lev, que coñecía a Idi Amin desde varios anos atrás, recibiu a petición do goberno de falar co presidente ugandés por teléfono en varias ocasións sen éxito, tratando de conseguir a liberación dos reféns."Vindication for the Israelis" . Time. 26 de xullo de 1976."War of Words over a Tense Border" . Time. 26 de xullo de 1976. O goberno israelí tamén realizou un achegamento ao goberno dos Estados Unidos para enviar unha mensaxe ao presidente exipcio Anwar Satat, para que este solicitara a Amin a liberación dos reféns. O primeiro ministro Yitzhak Rabin e o ministro de defensa Shimon Peres estiveron unha semana discutindo sobre se debían aceptar as demandas dos secuestradores (Rabin) ou non, para previr máis ataques terroristas (Peres).

Na data límite do 1 de xullo,Grimes, Paul. "Rescuing the Entebbe Hostages". The New York Times. Friday, 30 de xullo de 1976. (The Weekend, p. 51). o goberno israelí ofreceuse a negociar cos secuestradores a cambio de ampliar a data límite ata o día 4 de xullo. Amin tamén exixiu ampliar a data ata ese día. Isto significaba que podía realizar unha viaxe diplomática ata Port Louis, en Mauricio, para entregar oficialmente a presidencia da Organización para a Unidade Africana a Seewoosagur Ramgoolam.Lipkin-Shakhak, Tali. "The Forgotten Hero of Entebbe" . Historama. 16 de xuño de 2006. A ampliación do prazo resultou vital para que as forzas israelís puideran chegar ata Entebbe.

O 3 de xullo ás 18:30, o goberno israelí aprobou a misión de rescate, presentada polo Maior xeneral Yekutiel "Kuti" Adam e o xeneral de brigada Dan Shomron. Shomron foi nomeado comandante da operación.

Intentos de solución diplomática A medida que a crise progresaba, fixéronse varios intentos de negociar a liberación dos reféns. Segundo os documentos diplomáticos desclasificados, o goberno exipcio de Sadat tratou de negociar tanto coa OLP coma co goberno ugandés. O líder da OLP Yasser Arafat mandou ao seu axudante político Hani al-Hassan a Uganda como enviado especial para negociar cos secuestradores e con Amin. Porén, os secuestradores da PFLP-EO rexeitaron reunirse con el.

Preparativos para o rescate Cando as autoridades israelís fracasaron no seu intento de chegar a unha solución política, decidiron que a súa única opción era atacar para conseguir liberar os reféns. O tenente coronel Joshua Shani, dixo máis adiante que os israelís deseñaron inicialmente un plan de rescate que incluía o envío de comandos navais ao lago Vitoria. Os comandos utilizarían barcas de goa para chegar ao aeroporto situado nas beiras deste. Pensaban matar os secuestradores e despois liberar os reféns, solicitando a Amin permiso para regresar a casa. Os israelís abandonaron este plan debido á falta do tempo necesario e por que recibiron o aviso de que o lago Vitoria estaba cheo de crocodilos.

Amnon Biran, o oficial de intelixencia da misión, afirmou máis adiante que descoñecían o deseño do aeroporto, o lugar exacto no que estaban os reféns e se os secuestradores colocaran explosivos no edificio.

Combustible das aeronaves Mentres preparaban o ataque, as forzas israelís tiveron que resolver o problema do combustible para os seus avións Lockheed C-130 Hercules mentres estaban na ruta ata Entebbe. Carecían da capacidade loxística necesaria para realizar un abastecemento no aire para as aeronaves tan lonxe do seu espazo aéreo. Mentres que varias nacións do leste de África, incluída Kenya que posuía a capacidade loxística necesaria, mostráronse amigables, ningún quixo provocar un conflito con Amin ou cos palestinos permitindo que os israelís aterraran nos seus países.

A operación non podía realizarse sen a axuda de polo menos un destes países. O propietario xudeu da cadea de hoteis Block en Kenya, xunto a outros membros da comunidade xudía e israelí de Nairobi, puideron facer uso da súa influencia política e económica para axudar a persuadir ao presidente Jomo Kenyatta para axudar na operación. O goberno hebreo obtivo finalmente o permiso para que as forzas militares atravesaran o espazo aéreo do país e cargar combustible no Aeroporto Internacional Jomo Kenyatta.

O ministro de agricultura de Kenya Bruce MacKenzie persuadiu ao seu presidente para permitir ao Mossad recoller información antes de comezar coa operación, e tamén para que a Forza Aérea Israelí accedera ao aeroporto. En resposta, o presidente ugandés ordenou aos seus axentes que asasinaran a MacKenzie, quen morreu o 24 de maio de 1978 tras sufrir un atentado cunha bomba no seu avión. Máis adiante, o director do Mossad Meir Amit plantou un bosque en Israel na memoria de MacKenzie.

Intelixencia dos reféns