As terapias cognitivo-comportamentais son orientacións da terapia cognitiva enfocadas no vencellamento do pensamento e o comportamento, e que recollen as achegas das distintas correntes dentro da psicoloxía científica; o cal é máis que unha mera fusión, como aplicación clínica, da psicoloxía cognitiva e a psicoloxía behaviourista. Adoitan combinar técnicas de reestruturación cognitiva, de adestramento en relaxación e outras estratexias de enfrontamento e de exposición.

Este modelo acepta a tese behaviorista de que o comportamento humano é aprendido, pero esta aprendizaxe non consiste nun vínculo asociativo entre estímulos e respuestas senón na formación de relacións de significado persoais, esquemas cognitivos ou regras. Igualmente os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais están interrelacionados, de modo que un cambio nun deles afecta ós outros dous compoñentes. Nesa relación mutua as estruturas de significado (esquemas cognitivos) terían un peso fundamental, pois elas representan a organización idiosincrática que ten cada persoa sobre o que significa a súa experiencia, os outros e o si mesmo.

Durante o proceso terapéutico o clínico válese de diversas estratexias que teñen por obxecto a flexibilización e modificación dos esquemas disfuncionais e os pensamentos automáticos que se desprenden destes. O devandito proceso está guiado por tres principios técnicos básicos: o empirismo colaborativo, o descubrimento guiado e o diálogo socrático.

Notas

Categoría:Psicoloxía