A lipoatrofia semicircular é un trastorno da graxa subcutánea que se adoita manifestar cun afundimento na cara anterior e lateral das coxas e, ás veces, dos antebrazos.
Historia O fenómeno foi relacionado por primeira vez con edificios en tres pacientes, en 1974 por dous médicos alemáns, Gschwandtner e Munzberger,Gschwandtner WR, Münzberger H. Lipoatrophia semicircularis. Ein Beitrag zu bandförmig-circulären Atrophien des subcutanen Fettgewebes im Extremitätenbereich. Der Hautarzt 1974; 25: 222-227 / Gschwandtner WR, Münzberger H. Lipoatrophia semicircularis. Wiener klein. Wochenschr. 1975; 87: 164-168 e en 1981 por dous dermatólogos do ST. Bartholomew's Hospital, de Londres (Karkavitsas e Millar).Revista British Journal of Dermatology no Volume 105, páx. 591.
Descrición Pode estar presente tanto nunha extremidade (unilateral) como nas dúas (bilateral). Ás veces pode estar acompañada de proídos, alteracións na sensibilidade da zona afectada e no menor dos casos de molestias e dor. A enfermidade, benigna e reversible, adoita afectar as mulleres e acostuma aparecer nas coxas. A lipoatrofia semicircular afecta os oficinistas. A súa forma típica consiste nunha diminución da graxa das coxas formando un semicírculo a unha altura duns 70–75 cm, distancia que coincide coa altura media dos mobles de oficina ou por campos electromagnéticos. As forzas do campo magnético non superaban ningún valor límite recomendado; con todo, eran sempre apreciabelmente máis altas cando o posto de traballo o ocupaba un/ha traballador/a diagnosticada/o de LS.Maes A, Curvers B, Verschaeve L. Lipoatrophia semicircularis: the electromagnetic hypothesis. Electromagnetic Biology and Medicine 2003; 22
A Generalitat de Cataluña recoñece a lipoatrofia como enfermidade laboral, a pesar de que aínda se están estudando as súas causas. Ten que ver coa contorna laboral, a baixa humidade relativa, as mesas con estruturas metálicas, con cantos a unha altura entre 70–75 cm e sen toma de terra, cousa que favorece as descargas electrostáticas.
Aínda que houbo algún caso anterior, a enfermidade apareceu en forma de gromo en febreiro de 2007 en Barcelona, e desde entón foise detectando un número maior de casos en diferentes oficinas ao longo do territorio nacional. A pesar de ser unha enfermidade bastante descoñecida, con pouca literatura científica e pouco estudada, crese que hai diversos factores (comúns alí onde houbo casos) que facilitan a súa aparición: lugares con baixa humidade relativa, mesas con estrutura metálica e descargas electrostáticas. O LS parece ser reversible. No 95% das/os empregadas/os que se xubilaban desaparecía totalmente.
Diagnóstico diferencial É importante distinguir entre a forma anular de lipoatrofia e as formas adquiridas, que se producen como consecuencia de inxeccións intramusculares ou subcutáneas.Atlan-Gepner C, Bongrand P, Farnarier C, Xerri L, Choux R, Gauthier J.F,Brue T,Vague P, Grob JJ, Vialettes B. Insulin-induced lipoatrophy in type I diabetes.Diabetes Care.1996; 9: 1283-1285.Imamura S, Taniguchi S. Lipoatrophic lesions preceded by pain and erythema a new clinical entity? Eur. J. Dermatol. 2000; 10: 540-541
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Senecal S, Victor V, Choudat D, Hornez-Davin S, Conso F. Semicircular lipoatrophy: 18 cases in the same company. Contact Dermatitis 2000; 42: 101-120. Filona G, Bugatti L, Nicolini M, Ciattaglia G; Lipoatrofia semicircolare: due casi. Unita Operativa di Dermatologia Ospedale " A. Murri" ASL, Cruceta, G., Síndrome de Lipoatrofia Semicircular relacionado con los Edificios, Revista El Instalador, 2007, nº 444:114-121).
Ligazóns externas Que é a lipoatrofia semicircular?
Categoría:Doenzas