Nós Televisión (antigamente Canal Deza e DEZTV) é unha canle de televisión galega impulsada en 2013 por Isidro Barco e Diego Frey."Nace Nós TV unha televisión para o corazón de Galicia" Praza Pública.

Traxectoria Comezou a emitir a través da Televisión dixital terrestre nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago pasando o día 14 de marzo de 2019 a facelo exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R.

Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia, pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka e Galaxia ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.

O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.

O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.

Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo, e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.

Programas Espazo Aberto: programa informativo diario A cámara branca: programa de entrevistas KalandrakaTv: novidades editoriais e crítica literaria Universo Galaxia: novidades editoriais e crítica literaria Rede galega de videoblogues: vídeos curtos de opinión

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cadeas de televisión de Galicia Categoría:Canles de televisión en lingua galega