Coordinación Democrática, popularmente coñecida como Platajunta, foi un organismo unitario español de oposición ao réxime ditatorial franquista creado o 26 de marzo de 1976 mediante a presentación dun manifesto titulado "A los pueblos de España". Traxectoria A coalición xurdiu froito da fusión da Junta Democrática de España (establecida en 1974 polo PCE e distintas figuras vinculadas a Don Juan de Borbón, coa adhesión de CCOO, PSP, PTE, ASA e outras personalidades independentes) coa Plataforma de Converxencia Democrática (creada en 1975, como reacción á anterior, polo PSOE, o Movemento Comunista, democristiáns e socialdemócratas). O organizador da fusión da Platajunta foi Antonio García-Trevijano Forte e os obxectivos tiñan catro eixes: a amnistía para presos políticos e sindicais e retorno dos exiliados, exercicio das liberdades políticas e sindicasi, exercicio dos dereitos e liberdades das nacións e rexións do Estados español e a convocatoria de eleccións a Cortes Constituíntes e consulta sobre a forma de estado e de goberno. Agás este último punto, esas ideas foron a base do programa de 1976.Molinero (2014).

Ese mesmo ano, o 23 de outubro de 1976,Hernández (2004), p. 18 Coordinación Democrática ampliouse con novos partidos e organizacións unitarias das rexións con presenza de nacionalismos periféricos -en Cataluña, o Consello ou Comisión Coordinadora de Forzas Políticas de Cataluña-, converténdose na Plataforma de Organismos Democráticos (POD).Bar (1993), p. 82 O fracaso da mesma prodúcese pola actuación non unitaria de moitos dos seus membros, que á marxe dos obxectivos declarados pola Junta, negocian co goberno de Adolfo Suárez o contido da reforma política levada a cabo por este (Lei para a Reforma Política), traizoando estes o seu máis importante obxectivo desde a Platajunta, a saber: a liberdade constituínte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Oposición ao franquismo Lei de Asociacións Políticas Lei para a Reforma Política Eleccións xerais de España de 1977 Transición española Plataforma de Convergencia Democrática

Categoría:Política de España Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:1976