miniatura|322x322px|Mapa da Franxa de Gaza pouco antes da retirada israelí. Os principais asentamentos aparecen resaltados en cor azul. O Plan de retirada unilateral israelí ou Plan de desconexión (en hebreo: תוכנית ההתנתקות; Tojnit Haitnatkut) foi un plan proposto a principios de 2004 polo entón primeiro ministro de Israel Ariel Sharón, adoptado polo Goberno e aprobado mediante lei do Parlamento (Knesset), que foi levado a cabo durante a segunda quincena de agosto de 2005. O plan propuxo eliminar toda presenza permanente civil israelí da Franxa de Gaza, así como eliminar catro asentamentos de pártea norte de Cisxordania, administradas por Israel desde a Guerra dos Seis Días.
A pesar da retirada israelí, a Franxa de Gaza segue considerándose polas Nacións Unidas, as organizacións internacionais de dereitos humanos e moitos estudosos, como parte dos territorios ocupados militarmente por Israel,, o cal discute este país e outros estudos legais. Trala retirada, Israel continuou mantendo o control directo externo sobre Gaza e indirecto sobre a vida alí: controla o espazo aéreo e marítimo, e seis dos sete postos fronteirizos. Israel tamén mantivo o control sobre o rexistro de poboación e a subministración de auga, electricidade, telecomunicacións e outras necesidades.
Descrición do plan Durante a retirada israelí da Franxa de Gaza, foron desmantelados 21 asentamentos israelís civís, en tanto do norte de Cisxordania foron evacuados catro:
Na Franxa de Gaza: (todos os 21 asentamentos): Bedolah Bnei Atzmon (Atzmona) Duguit Elei Sinai Gadid Gan Or Ganei Tal Katif Kfar Darom Kfar Yam Kerem Atzmona Morag Nevei Dekalim Netzarim Netzer Hazani Nisanit Pe'at Sade Rafiah Yam Slav Shirat Hayam Tel Katifa Norte de Cisxordania (4 asentamentos): Kadim Ganim Jómesh Sa-Nur
Notas
Véxase tamén Outros artigos Terra por paz Hamastán
Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:2015