dereita|miniatura|200x200px|Exemplar de basilikon da primeira época, con Cristo sedente e as imaxes de Andrónico II e Miguel IX sostendo un lábaro entre eles, coa lenda: ΘΕΕ ΒΟΗΘΕΙ AYTOKPATOPEC PWMAIWN ("Deus axuda os emperadores dos romanos").Hendy (1985). Páxina 531. O basilikon (en grego: βασιλικόν [νόμισμα], basilikón), coñecido tamén como doukaton (δουκάτον), foi unha moeda bizantina de prata de ampla circulación, propia da primeira metade do século XIV. A súa introdución supuxo a volta á cuñaxe a grande escala da moeda arxéntea durante o Imperio Bizantino e, asemade, o abandono total das moedas de ouro a mediados dese século.Alfaro Asins, C. et al. "Basilicón". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7"Basilikon" en Forum Ancient Coins."Basilikon". En Tipos de moneda bizantina . www.Tesorillo.com"The Basilikon Episode (1304-ca. 1367)". En The History of Bizantine Coinage.
Historia dereita|miniatura|200x200px|Ducado de prata de Venecia de Francesco Dandolo (ca. 1328). A semellanza da iconografía co basilikon é evidente. O basilikon foi introducido no sistema monetario cara a 1304 ou 1307 polo emperador Andrónico II Paleólogo (1282-1328), como unha imitación directa do ducado veneciano de prata (ou grosso) principalmente para o pagamento aos mercenarios da Compañía Catalá nas campañas contra os turcos.Hendy (1985). Páxina 531-432.Grierson (1999). Páxina 16. Esta nova moeda seguiu estritamente a iconografía do modelo veneciano, con Cristo sedente nos seus anversos e as dúas figuras en pé de Andrónico II e do seu fillo e coemperador Miguel IX (1294-1320), en substitución de San Marcos e o Dux de Venecia, nos reversos. A semellanza foi aínda reforzada polo uso habitual da palabra "ducado" para designar ambas as moedas, malia ser basilikon ("a moeda do emperador") a denominación oficial da bizantina.Kazhdan (1991). Páxina 266.
Morrisson apunta a posibilidade de que tal denominación faga mención á vocación de uso non cotián desta moeda, en oposición ao politikon (πολιτικον: "da cidade; cívico"), cuñado en billón e destinado ás transaccións máis ordinarias.Morrisson, C.; Bendall, S. "Monnaies de la fin de l'empire byzantin à Dumbarton Oaks : un catalogue de référence". En Revue Numismatique. 2001. 157. Páxina 486.
O basilikon era de prata de gran pureza (920 milésimas), cuñado nun disco plano e non cóncavo ("scyphate"), como no caso doutras moedas bizantinas. O seu peso oficial era de 2,2 gramos e o seu valor era o da doceava parte do hyperpyron de ouro, moeda que funcionaba como padrón para as equivalencias de todas as moedas de prata bizantinas, desde o hexagrama ao miliaresion.Grierson (1999). Páxinas 16, 45.Hendy (1985). Páxinas 531-533. No entanto, a equivalencia real no mercado era inferior e flutuou en función da variación do prezo da prata (entre 12 e 15 pezas por cada hyperpyron)."La monnaie au XIVe et au XVe siècle: hyperpère, basilikon et stavraton". En Morrisson, C. et al. Byzance et sa monnaie (IVe-XVe siècle). Lethielleux. 2015.Kazhdan (1991). Páxina 266-267.Hendy (1985). Páxinas 533-634.
Coñécese tamén a cuñaxe de moedas de medio basilikon.Kazhdan (1991). Páxina 267.
Nas décadas dos 1330 e de 1340, con todo, o peso do basilikon reduciuse moi considerablemente, por mor dunha escaseza de prata que afectou a toda Europa e o Mediterráneo, e chegou a caer ata 1,25 gramos. O basilikon deixou de emitirse na década de 1350. A redor de 1367 foi substituído por unha nova moeda de máis peso chamada stavraton.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Stauraton".Cutler, Anthony. "The stavraton: evidence for an elusive byzantine type". En Museum Notes (American Numismatic Society). Vol. 11 (1964), pp. 237-244.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda bizantina Cecas bizantinas Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia Hyperpyron
Bibliografía Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, M. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Hendy, M. The economy, fiscal administration and coinage of Byzantium. Londres, 1989. ISBN 0860782530 Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6 Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862
Ligazóns externas
"Basilikon". Catálogo con imaxes e descricións en Coin Archives Moedas bizantinas catalogadas por orde cronolóxica de emperadores Moedas bizantinas catalogadas segundo a o bran de Sear: Byzantine Coins & Their Values Digital Library Numis (bibliografía en liña de numismática bizantina)
Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata