O Portal RILG (Recursos Integrados da Lingua Galega) é unha plataforma que ofrece os seus servizos de consulta desde 2006, tendo como obxectivo a integración, explotación conxunta e difusión dos recursos textuais e léxicos de tecnoloxía lingüística da lingua galega xerados en distintos proxectos realizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) e o Grupo TALG (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo.
Desde 2018, o Portal RILG inclúe o banco de terminoloxía multilingüe do bUSCatermos grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Recursos Corpus de Lingua Galega no RILG
Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos xurídicos) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de ecoloxía) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de economía) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de informática) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de socioloxía) Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de medicina) Corpus Xelmírez - Corpus Lingüístico da Galicia Medieval
Corpus paralelos de tradución
Corpus CLUVI (latín-galego-portugués-portugués-catalán-francés-italiano-español-inglés-alemán-éuscaro-chinés, textos da Biblia) Corpus CLUVI (galego-español, textos xurídicos) Corpus CLUVI (inglés-galego-francés-español, textos do Correo da Unesco) Corpus CLUVI (inglés-galego, programas informáticos) Corpus CLUVI (inglés-galego, textos literarios) Corpus CLUVI (francés-galego, textos literarios) Corpus CLUVI (alemán-galego, textos literarios) Corpus CLUVI (galego-español, textos literarios) Corpus CLUVI (español-galego-catalán-euskara, textos da revista Consumer) Corpus CLUVI (español-galego, textos de turismo) Corpus CLUVI (galego-chinés, subtitulado filmes) Corpus CLUVI (inglés-galego, subtitulado filmes) Corpus CLUVI multimedia (inglés-galego, subtitulado filmes) Corpus Paralelo SensoGal (SemCor inglés-galego)
Dicionarios galegos no RILG
Dicionario de Dicionarios Dicionario de Sinónimos do Galego Galnet - WordNet 3.0 do Galego DBpedia do Galego Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval bUSCatermos Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo Aquén - Banco de Datos de Toponimia Galega Dicionario CLUVI inglés-galego Dicionario CLUVI francés-galego Dicionario CLUVI español-galego
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas RILG. Recursos Integrados da Lingua Galega
Categoría:Lingua galega Categoría:Universidade de Vigo Categoría:Universidade de Santiago de Compostela