A ambreína (termo de acordo co Vocabulario Científico Internacional), ou ambarina (forma aconsellada pola RAG),ambarina, 2ª acep, no Dicionario da RAG. é un alcohol triterpénico que é o principal constituínte do ámbar gris,ámbar gis no Dicionario da RAG. unha secreción do aparello dixestivo do cachalote.
Etimoloxías Ambreína A forma ambreína, do VCI, procede da inglesa ambrein, que a formou coa raíz amber- de ambergris ("ámbar gris"), que é un calco do francés medieval ambre gris, e este derivado do latín ambra grisea, coa adición do sufixo -in (en galego -ina), que se usaba no século XIX para formar os nomes dos compostos orgánicos de fórmula química descoñecida, e que entrou no inglés en 1828.ambrein no Merriam-Webster Dictionary. (Actualmente -ina resérvase para formar os nomes das aminas).
Ambarina Ambarina está formada poa raíz ambar- (de "ámbar gris"), e o elemento -ina.
Propiedades e usos miniatura|150px|Ambroxano miniatura|150px|Ambrinol Como afrodisíaco Suxeriuse que a ambreína sería o posíbel compoñente activo que produciría os supostos efectos afrodisíacos do ámbar gris.
O feito de que se demostrara que aumenta a actividade sexual nas ratas, subministra un certo apoio ao seu uso tradicional como afrodisíaco.
Como fixadora de perfumes A ambreína é capaz de fixar os aceites volátiles mediante evaporación lenta. polo que foi utilizada como fixador de perfumes.Ambrein en Römpp Lexikon Chemie onm line.
A pesar de que ela mesma é inodora, é a precursora biolóxica dunha serie de derivados aromáticos, como o ambroxano e o ambrinol.
Por iso, historicamente, o principal uso comercial do ámbar gris foi a elaboración de pefumes, aínda que tamén se usou para fins medicinais e saborizantes.Porén, debido a que é difícil lograr unha subministración consistente e fiábel de ámbar gris de alta calidade, a gran demanda deste e o seu elevado prezo, especialmente despois das restricións á caza do cachalote, a industria perfumista procurou o desenvolvemento de compostos substitutivos sintéticos, especialmente o ambroxano.
Como analxésico Demostrouse que a ambreína actúa como analxésico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cachalote Ámbar gris
Categoría:Terpenos Categoría:Alcohois