María Dolores Dopico Aneiros, nada no ano 1970 en Ferrol, é unha artista, profesora e investigadora galega.
Traxectoria Lola Dopico naceu e criouse en Ferrol. Descubriu as belas artes cando cursaba bacharelato e trasladouse a Salamanca para estudar a carreira. Licenciouse pola Universidade de Salamanca na especialidade de deseño. Nesa cidade, entre outras actividades, fixo prácticas na Televisión de Salamanca, en temas de produción, asistente en montaxe de escenas e participou nun proxecto cultural co artista e profesor Pedro Garhel que foi clave na súa carreira, segundo as súas declaracións. O proxecto chamábase Abierto 94 e consistía nunha programación cultural arredor da performance coa participación de artistas nunha mesa redonda, contando con Pedro Garhel, Darío Corbeira, Isidoro Valcárcel e Marisa González. Dopico coordinou toda a actividade e supuxo un aprendizaxe fundamental para poñer en marcha un proxecto na súa totalidade como fixera en Abierto 94.
Trasladouse a Pontevedra para facer o doctouramento e sendo estudante obtivo unha praza de profesora asociada no área audiovisual, na Falcultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, impartindo clases nas áreas de arte, deseño e tecnoloxía. En 1994, doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo.
Na súa tese de doutoramento, Práctica artística en la era de internet. Net art en sus formas colectivas, investigou sobre as prácticas artísticas xurdidas e desenroladas desde a aparición da tecnoloxía da Internet, a identificación das súas formas propias e o potencial revulsivo do Net.art
A súa carreira profesional está vinculada as novas tecnoloxías e o deseñoe segundo ela comenta, «a tecnoloxía non vai substituír a creatividade, porque a tecnoloxía é froito da creatividade».
En 2005 impulsou a creación do grupo de investigación de cultura dixital DX7 desenvolvendo liñas de traballo onde converxen investigacións sobre arte e deseño. A ligazón común a compoñen as creacións feitas en Galicia durante os anos 80, centrándose nas disciplinas menos estudadas, como a videocreación, a ilustración ou a moda. En 2008 participou na International Conference of Design History and Design Studies en Osaka.
Dirixe a escola de moda Esdemga (Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia) integrada na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Dopico reivindicou desde o inicio da súa traxectoria a formación específica en deseño, tanto por ser unha demanda da sociedade como por ser un axente fundamental no desenrrolo económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria. Desde a primeira promoción de Esdemga, cada ano ten lugar a celebración do desfile "Debut", no que o alumnado acabado de titular presentan as coleccións que desenvolveron como proxectos finais da súa etapa formativa.
Participa con Esdemga en encontros internacionais como a Graduate Fashion Week de Londres, onde foi a única representación española en 2018, e no Aristocrazy Design Bootcamp, onde se reuniron algunhas das consideradas escolas de deseño máis importantes do mundo.
En 2020, Esdemga recibiu o Premio Cidade de Pontevedrarecoñecéndose co galardón de carácter pionero, especializado, innovador e en constante desenrolo ao longo da súa traxectoria. Además, salientaron a Lola Dopico no seu papel de directora, por ser a cara máis visible da Escola e o seu labor no «necesario camiño da paridade de xénero nas institucións e na representación pública».
Lola Dopico é comisaria de exposicións, entre outrasː Inventario de Melania Freire (2015-2016), Relatos privados y Espacio público, colectiva (2013-2014), Hacer. Diseñar. Pensar. Piezas, experimentos y caminos del diseño (2013-2014).Tamén forma parte do Consello asesor do Museo de Pontevedra.
Polo seu compromiso coa igualdad de xénero, participa en actividades e proxectos como a visibilización de mulleres científicas contemporáneas da Universidade de Vigo.
Desde 2024 é membro da Fundación Academia de la Moda Española.
Política Foi concelleira de Igualdade do concello de Pontevedra polo BNG, posto que ocupou entre 2007 e 2012 e que abandonou para centrarse no seu labor docente.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Políticos do BNG