Aliénor da Provenza ou Lionor da Provenza, nada en Aix-en-Provence, cara ao 1223 e finada en Amesbury, Wiltshire, o 24 de xuño de 1291, foi raíña consorte de Inglaterra polo seu matrimonio con Henrique III de Inglaterra, desde 1236 ata 1272. En 1253 foi a rexente de Inglaterra durante a ausencia do seu marido.Strickland, Agnes. Lives of the Queens of England: From the Norman Conquest

Traxectoria Aínda que foi completamente devota ao seu marido e o defendeu incondicionalmente en contra do rebelde Simon de Montfort, 6º conde de Leicester, foi moi odiada polos londinienses. Isto debeuse a que trala súa chegada a Inglaterra, trouxo con ela a un gran número de familiares no seu séquito, coñecidos como os "savoianos". Este grupo gozou de grande influencia no goberno e na corte. Nunha ocasión, a barca na que ía a raíña foi atacada polos cidadáns, quen lle lanzaron pedras, barro, ovos e verduras.

Aliénor tivo cinco fillos, entre os que se inclúe o rei Eduardo I de Inglaterra. Tamén é recordada pola súa intelixencia, habilidade para a poesía e as súas tendencias na moda.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Casa de Aragón Categoría:Raíñas consortes de Inglaterra Categoría:Finados en 1291