Gloria Evangelina Anzaldúa, nada en Valle del Río Grande o 26 de setembro de 1942 e finada en Santa Cruz (California) o 15 de maio do 2004, foi unha académica, activista política, feminista, escritora e poeta estadounidense.Enlace en Google BooksEnlace en Google BooksEnlace en Google Books

Biografía Gloria Anzaldúa nace no Valle de Texas, Estados Unidos o 26 de setembro de 1942, filla de Urbano e Amalia Anzaldúa. Ós once anos, a súa familia trasládase a Hargill, Texas. Ós catorce anos, sofre a morte do seu pai. Anzaldúa pode lograr unha educación universitaria a pesar do racismo, sexismo e outras formas de opresión que ela experimenta na súa vida como unha texana de sétima xeración. Recibe o seu grao na Universidade de Texas-Panamericana, e a súa mestría da Universidade de Texas en Austin.

Anzaldúa traballa uns anos como mestra de escola antes de ir a Austin para obter a súa mestría, tamén completa os seus estudos de doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Texas en Austin. En 1977 múdase a California onde fai os seus escritos, traballa como catedrática na Universidade Estatal de San Francisco; a Universidade de California en Santa Cruz; a Universidade Atlántica de Florida; e outras. Ela é a máis famosa coautora de This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981) con Cherríe Moraga, autora de Making Face, Making Soul/Facendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Women of Color (1990), e coautora de This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002). Tamén escribe Borderlands/La Frontera: The New Mestiza en 1987. Entre os seus libros para nenos Prietita Has a Friend (1991), Friends from the Other Side - Amigos del Otro Lado (1993), Prietita y la Llorona (1996). Anzaldúa tamén escribe moitos traballos de ficción e poesía. Os seus traballos móvense entre inglés e español ó mesmo tempo para converxer nunha soa lingua. En Borderlands identifícase con múltiples identidades. A súa autobiografía "La prieta," publícase en inglés na obra This Bridge Called My Back.

Anzaldúa contribuíu coa definición de feminismo, así como tamén na área cultural da teoría chicana e queer (lesbianas e gais). Unha contribución moi especial foi a introdución do termo mestizaxe para o público estadounidense, que significa a concepción do estado de estar 'máis aló'. Nos seus traballos teóricos, Anzaldúa invoca unha nova mestiza (“new mestiza”), que ela describe como un suxeito consciente dos seus conflitos de identidade e usa o termo o novo ángulo de visión (“new angles of vision”) co fin de retar o pensamento binario en Occidente. O modo de pensar da “new mestiza” atópase ilustrado no feminismo post-colonial.

Obra This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981) Borderlands/La Frontera: The New Mestiza (1987) Making Face, Making Soul/Haciendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Feminists of Color (1990) Interviews/Entrevistas (2000) This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002)

Libros infantís Prietita Has a Friend (1991) Friends from the Other Side -Amigos del Otro Lado (1995) Prietita y La Llorona (1996)

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Cameron, Texas Categoría:Teoría queer