miniatura|Scyphate de Aleixo III (1195-1203). Moeda bizantina dun aspron trachy de electro, cuñada en Constantinopla. Peso: 4,97 gr. Scyphate é un termo utilizado adoito no ámbito numismático para se referir ás moedas do Imperio Bizantino de forma cóncava, de cunca ou escudela, cuñadas entre os séculos XI e XIV, en cobre, en prata, en ouro e nas súas aliaxes, como o billón e o electro."Scyphate". En Forum Ancient Coins.
As razóns deste tipo de emisións non están claras, xa que dificultaban notablemente o proceso de fabricación ao esixir unha dobre cuñaxe, aínda que se apunta que podería deberse a facilitar o seu empillamento e, xa que logo, o seu transporte a diversos lugares do Imperio.Bendall, S.; Sellwood, D. "The Method of Striking Scyphate Coins Using Two Obverse Dies: In the Light of an Early Thirteenth Century Hoard". En The Numismatic Chronicle. Serie 7ª. Vol 18 (138). 1978. Páxinas 93-104. Vicente, J. R. "Las monedas copa bizantinas". En Curiosidades Numismaticas. 2014Trivero Rivera, Alberto. "Ipotesi circa la tecnica di coniazione dei trachy". En Monete Antiche. Nº 43. 2009Bendall, Simon. “The double striking of late Byzantine concave coins”. En The Celator. Nº 6. Xuño de 1998. Páxinas 20-26.Markowitz, Mike. "Why did Byzantine Coinage Become Cup-shaped in the XIth Century?". miniatura|Scyphate do emperador Isaac I Comneno (1057-1059). Histamenon nomisma de ouro, cuñado en Constantinopla O uso desta denominación xeneralizouse ao longo do século XIX, aínda que xa se documenta en documentos do sur de Italiados séculos XI e XII, como unha bula de Inocencio II (1130-1143). Canto á súa etimoloxía, debátese se a súa orixe está no grego σκύφος (skyphos "escudela", "cunca") ou no vocábulo árabe shafah ("canto, bordo"), que faría referencia ao característico e sobresaínte bordo dos primeiros exemplares de histamenon de ouro.Grierson (1999). Páxina 59.Kazhdan (1991). Páxina 1.857.
Unha denominación alternativa, tamén amplamente utilizada para este tipo de moedas do Imperio Bizantino, é trachy (plural τραχέα, trachea), co significado de "áspero" ou "desigual" e con orixe na expresión grega νόμισμα τραχύ (nómisma trachý), e que adoita aparecer asociada ao nome dalgunha destas moedas, como é o caso do hyperpyron trachy, o aspron trachy, etc."Trachy". En Forum Ancient Coins."Trachy ". En Tipos de monedas bizantinas. www.tesorillo.comKazhdan (1991). Páxina 1.857, 2.101
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda bizantina Cecas bizantinas Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia
Bibliografía Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Grierson, Philip. "Nummi scyphati. The Story of a Misunderstanding". En The Numismatic Chronicle. 7ª serie. Vol 11. 1971. Páxinas 253-260. Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6 Metcalf, D. M. "Byzantine Scyphate Bronze Coinage in Greece". En The Annual of the British School at Athens. Vol 56. 1961. Páxinas 42-63. Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862
Ligazóns externas
"Scyphate" e "trachy". Catálogo con imaxes e descricións en Coin Archives. Moedas bizantinas catalogadas por orde cronolóxica de emperadores Moedas bizantinas catalogadas segundo a o bran de Sear: Byzantine Coins & Their Values Digital Library Numis (bibliografía en liña de numismática bizantina)
Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso