Margarida de Foix (en ), nada en Clisson en 1453Genealogics e finada en Nantes o 15 de maio de 1486, foi un dos nove fillos de Gastón IV, conde de Foix, e de Lionor I de Navarra.
Traxectoria O 27 de xaneiro de 1471, en Clisson, casou con Francisco II, duque da Bretaña, con quen tivo dúas fillas:
Ana (Castelo de Nantes, 27 de xaneiro de 1486 - Castelo de Blois, 9 de xaneiro de 1514), herdeira do ducado e, por dúas veces, raíña consorte de Francia; Sabela (1481, antes de 10 de maio - Rennes, 24 de agosto de 1490), que morreu nova, sepultada na Catedral de Rennes.
Morreu en Clisson, ós 28 anos. Ela e o seu esposo foron sepultados nunha tumba magnífica, con dúas estatuas súas esculpidas por Michel Colombe entre 1502 e 1507, na Catedral de Nantes.
Notas
Categoría:Nados en 1453 Categoría:Finados en 1486 Categoría:Nados no departamento de Loira Atlántico