Bracha Lichtenberg Ettinger (en ), nada en Tel Aviv en 1948, é unha artista israelí. Como artista visual produciu principalmente pinturas, debuxos, cadernos e fotografías. Tamén é filósofa, psicanalista e escritora. Traxectoria
A obra de Ettinger consiste principalmente en pinturas ó óleo. Ettinger está considerada unha figura prominente da escena artística francesa e israelí. A arte de Ettinger' foi analizada polo miúdo no libro Women Artists at the Millennium,Women Artists at the Millennium, 2006, editado por Carol Armstrong e Catherine de Zegher. , . The MIT press book page en Encounters in the Virtual Feminist Museum de Griselda PollockPollock, Griselda, Encounters in the Virtual Feminist Museum. Taylor and Francis, . e na antoloxía Women's Work is Never Done de Catherine de Zegher.De Zegher, Catherine, Women's Work is Never Done. MER Edition, 2015. . As súas ideas sobre a teoría cultural, a psicanálise e o feminismo francés conseguiron o recoñecemento despois da publicación de Matrix and Metramorphosis (1992), anacos dos seus cadernos (Moma, Oxford, 1993) e The Matrixial Gaze (1995). Durante dúas décadas o seu traballo foi influente na historia da arte,Griselda Pollock, Encounters in the Virtual Feminist Museum. Routledge, 2007 estudos cinematográficos, psicanálise, estética e estudos de xénero."Diotima and the Matrixial Transference." In: Van der Merwe, C. N., and Viljoen, H., eds. Across the Threshold. New York: Peter Lang, 2007.
Ettinger é profesora no European Graduate School de Saas-Fee, Suíza.
Notas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Pintores de Israel Categoría:Feministas de Francia