Shirley Anita St. Hill Chisholm, nada o 30 de novembro de 1924 e finada o 1 de xaneiro de 2005, foi unha política, educadora e escritora estadounidense que en 1968 foi a primeira muller afroamericana elixida para o Congreso dos Estados Unidos e representou o 12.º distrito congresional do estado de Nova York na Cámara de Representantes durante sete mandatos de 1969 a 1983. Tamén foi a primeira afroamericana en buscar a candidatura presidencial ó interior dun dos grandes partidos dos Estados Unidos e a primeira muller en competir pola candidatura presidencial do Partido Demócrata. Foi elixida para formar parte do National Women's Hall of Fame en 1982; ademais, en 2015, o presidente Barack Obama concedeulle de maneira póstuma a Medalla Presidencial da Liberdade, considerada o máis alta honra civil dos Estados Unidos.

Notas

Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2005