O Gran Premio de España de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 2 de xuño de 1996 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de .

Esta carreira, a primeira vitoria de Ferrari con Michael Schumacher, é xeralmente considerada como unha das súas mellores. Baixo unha choiva torrencial, desenvolveu unha pilotaxe impoñente e é un excelente exemplo de por que gañou o alcumo de "Regenmeister" ("Mestre da chuvia"), a pesar do seu accidente inicial e non forzado nun mollado Gran Premio de Mónaco dúas semanas antes.

Mika Salo foi descualificado por segunda vez esta tempada, por cambiar de automóbil despois de que a pista estivese baixo as ordes do director de carreira.

Damon Hill comezara a carreira desde a pole position, pero caeu a oitavo despois de trompear dúas veces nas primeiras voltas, antes de que outro trompo con toque na parede do pit na volta 12 o fixera abandonar a carreira. Schumacher recuperouse dunha mala saída para tomar o liderado de Villeneuve na volta 13 e, a partir de entón, dominou a carreira, superando en tres segundos por volta ao resto dos participantes.

Rubens Barrichello, que marchaba en segundo lugar despois de que Jacques Villeneuve e Alesi fixeron as súas paradas en boxes, tivo unha boa actuación nesta carreira, pero viuse forzado a retirarse a falta de 20 voltas tras un problema de embrague. Na volta anterior, Gerhard Berger se retirara co seu Benetton logo de trompear cando marchaba cuarto lugar ao intentar dobrar ao Ligier de Pedro Diniz.

Despois dunha carreira sen incidentes, Heinz-Harald Frentzen terminou na cuarta posición, mentres que Mika Häkkinen quedou quinto despois de sobrevivir a un trompo na fase final da carreira. Jos Verstappen, quinto tras as retiradas de Barrichello e Berger, estrelouse contra a barreira de pneumáticos cando quedaban 12 voltas, garantindo a Diniz o seu primeiro punto na Fórmula Un, xa que só quedaron seis pilotos na carreira. Sen máis retiradas, Diniz levou o seu coche a meta no sexto lugar, tras pilotar a un ritmo máis cauteloso que o viu perder dúas voltas respecto aos pilotos gañadores ao final.

Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 5 Damon Hill Williams-Renault 1:20.650 2 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:21.084 +0.434 3 1 Michael Schumacher Ferrari 1:21.587 +0.937 4 3 Jean Alesi Benetton-Renault 1:22.061 +1.411 5 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:22.125 +1.475 6 2 Eddie Irvine Ferrari 1:22.333 +1.683 7 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:22.379 +1.729 8 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:22.685 +2.035 9 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 1:23.027 +2.377 10 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:23.070 +2.420 11 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:23.195 +2.545 12 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:23.224 +2.574 13 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 1:23.371 +2.721 14 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:23.416 +2.766 15 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:23.438 +2.788 16 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:24.401 +3.751 17 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:24.468 +3.818 18 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 1:25.274 +4.624 19 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1:25.531 +4.881 20 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:25.621 +4.971 107% tempo: 1:26.296 NSC 22 Luca Badoer Forti-Ford 1:26.615 +5.965 NSC 23 Andrea Montermini Forti-Ford 1:27.358 +6.708

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Michael Schumacher Ferrari 65 1:59:49.307 3 10 2 3 Jean Alesi Benetton-Renault 65 + 45.302 4 6 3 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 65 + 48.388 2 4 4 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 64 + 1 volta 11 3 5 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 64 + 1 volta 10 2 6 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 63 + 2 voltas 17 1 Ret 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 47 Trompo 13 Ret 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 45 Diferencial 7 Ret 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 44 Trompo 5 Ret 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 20 Trompo 9 Ret 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 17 Diferencial 15 DSC 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 16 Cambio de coche ilegal 12 Ret 5 Damon Hill Williams-Renault 10 Trompo 1 Ret 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 8 Eléctrico 16 Ret 2 Eddie Irvine Ferrari 1 Trompo 6 Ret 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1 Colisión 8 Ret 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1 Colisión 19 Ret 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 0 Colisión 14 Ret 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 0 Colisión 18   Ret 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 0 Colisión 20 NSC 22 Luca Badoer Forti-Ford   107% tempo 21 NSC 23 Andrea Montermini Forti-Ford   107% tempo 22

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 1 Damon Hill 43 2 Jacques Villeneuve 26 3 Michael Schumacher 26 4 Jean Alesi 17 5 Olivier Panis 11

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 1 Williams-Renault 69 2 Ferrari 35 3 Benetton-Renault 24 4 McLaren-Mercedes 18 5 Ligier-Mugen-Honda 12

Note: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1996 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1