O indixenismo é unha corrente cultural e antropolóxica concentrada no estudo e valoración das culturas indíxenas, e o cuestionamento dos mecanismos de discriminación e etnocentrismo en prexuízo dos pobos orixinarios.Marroquín, 1977
O indixenismo enfronta a discriminación. Pódese falar dunha historia dentro do indixenismo a partir do sermón de decembro de 1511 de Antonio de Montesinos. Dende entón o indixenismo tomou corpo co paso do tempo e é lícito falar de indixenismo dende a época da administración colonial española, con modalidades diversas, aínda que durante o século XIX nos novos estados independentes latinoamericanos a preocupación indixenista perdeu terreo.Caso, 1973:72.
En 1940, tralo Primeiro Congreso Indixenista Interamericano, o indixenismo converteuse na política oficial dos estados de América, de maneira que o conxunto de ideas e actividades concretas que realizaron os estados latinoamericanos en relación coas poboacións indíxenas tiveron o nome xenérico de indixenismo.Stavenhagen, 1988: 105.
Tamén, por outra banda, existen correntes "anarcoindixenistas" que defenden o indixenismo fóra da política estatal, é dicir, a través do anarquismo.
O termo gañou importancia nas últimas décadas do século XX para referirse a algunhas organizacións sociais e políticas en América Latina.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Barnet-Sánchez, Holly. "Indigenismo and Pre-Hispanic Revivals" in The Oxford Encyclopedia of Mesoamerican Culture. vol. 2, pp. 42–44. Oxford University Press 2001. Brading, D.A.. "Manuel Gamio and Official Indigenismo in Mexico" Bulletin of Latin American Research 7.1 (1988), 75-89. Knight, Alan, “Racism, Revolution, and Indigenismo," in The Idea of Race in the Latin America, 1870-1940, edited by Richard Graham, University of Texas Press, 1990.