María de Berry (en ), nada en 1375 e finada en xuño de 1434, foi duquesa soberana de Auvernia e condesa de Montpensier en 1416-1434. Era filla de Xoán, duque de Berry, e Xoana de Armagnac. Casou tres veces. Foi administradora do Ducado de Borbón para o seu terceiro esposo Xoán I, duque de Borbón, durante o seu encarceramento en Inglaterra despois da derrota francesa na batalla de Agincourt en 1415, até 1434.

Traxectoria María naceu arredor do ano 1375, era a filla máis nova de Xoán "o Magnífico", duque de Berry e Xoana de Armagnac.: section "Marie"nas Chronicles de Jean Froissart, chámaa "nena” cando casou por primeira vez en 1386 e cóidase que tería arredor de "23 anos" cando morreu o segundo marido Filipe de Artois en 1397 A través do seu pai, que era un gran coleccionista de antigüidades, mecenas artístico e bibliófilo, era neta do rei Xoán II de Francia. Tiña tres irmáns: Carlos, Lois e Xoán; e unha irmá máis vella, Bona.

Notas

Categoría:Nados en 1375 Categoría:Casa de Valois Categoría:Finados en 1434