Meg Christian, nada en 1946 en Lynchburg, Virxinia, é unha cantante de folk estadounidense, relacionada co movemento musical "women's music" (música para mulleres).
Traxectoria Graduouse na Universidade de Carolina do Norte e trasladouse a Washington, D.C. en 1969, onde empezou a cantar en clubs nocturnos e a compor cancións dende unha perspectiva feminista. Na década de 1970, Christian, quen se declarou abertamente gai, uniuse ao grupo de feminismo separatista e nalgunhas ocasións aceptou soamente a mulleres nos seus recitais. Foi unha das fundadoras da discográfica Olivia Records, e produciu o seu primeiro álbum baixo este selo. Deixou de dar recitais en 1984, e dedicouse ó estudo do misticismo oriental; como resultado desas exploracións gravou os álbums The Fire of My Love e Songs of Ecstasy.[ Biography], Allmusic.com Cambiou o seu primeiro nome a Shambhavi durante o tempo que viviu nun mosteiro en Nova York.
En 2002, Christian retomou a súa asociación con Olivia Records e empezou a cantar nalgúns eventos; a súa primeira aparición ó vivo dende 1984 foi nun cruceiro, organizado pola mesma discográfica.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América