Carole Pateman, nada en Sussex o 11 de decembro de 1940 é unha teórica política e feminista británica. Coñecida pola súa posición crítica á democracia liberal. Entre as súas obras coñecidas está "The Sexual Contract" publicada en 1988 expondo que a desigualdade entre os sexos é un produto de especial reorganización patriarcal da modernidade. Dende 2007 é membro da Academia Británica.
Traxectoria Obtivo un doutoramento na Universidade de Oxford. Dende 1990, a profesora Pateman ensinou no Departamento de Ciencia Política na Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA).Páxina de Carole Pateman en UCLA
En 2007, foi nomeada membro da Academia Británica.
En 2012 recibe o Premio Johan Skytte de ciencia política.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Membros da Academia Británica