miniatura|Deseño dun dodrans feito por Henry Cohen para súa obra Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain O dodrans (voz latina) ou dodrante foi unha moeda da Antiga Roma de bronce emitida con carácter excepcional durante o período da República."Dodrans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 2. París. 1788. Páxina 430."Dodrans". En Roman bronze coins. Submultiples of the as . www.monete-romane.com"Dodrans". En Smith, William et. al. (1890).
Historia O dodrans ou dodrante, concibido cun valor de nove onzas e equivalente ás tres cuartas partes dun ás, foi emitido exclusivamente en dúas ocasións: en 127 a. de C, polo cónsul Marco Cecilio Metelo, e en 126 a. de C., polo maxistrado C. Cassio, quen paralelamente emitiu tamén outra denominación á marxe das regulares do sistema monetario: o bes.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dodrans". O dodrans de Metelo A emisión máis antiga, a de Metello, amosa no seu anverso o busto de Vulcano ollando á dereita, cun sombreiro cónico (píleo) rodeado por unha coroa de loureiro; pinzas no ombreiro e S ••• detrás.
No reverso presenta a característica proa de barco das moedas romanas desta época, arredor M•METELLUS sobre escudo Macedonio, e S ••• abaixo.Crawford, M. H. (1974). Páxina 288.
Ademais do dodrans, Metelo emitiu tamén un denario, un semis, un triens e un cuadrante.
O escudo macedonio e as grilandas de loureiro aluden á vitoria obtida polo pai do monetario, Quinto Cecilio Metelo Macedónico, en 148 a. de C, en tanto que a Vulcano se lle atribuía ser un devanceiro da familia de Metelo. O dodrans de Cassio No seu anverso preséntase a Vulcano ollando á dereita, con píleo e pinzas no ombreiro, e S ••• detrás. No reverso, un arco, C. CASSI arriba e S ••• á fronte.Crawford, M. H. (1974). Páxina 290.
Este mesmo monetario, ademais do dodrans, emitiu algúns escasos exemplares de bes, de denario e de cuadrante."Dodrans ". Descrición e fotografías do dodrans de Cassio e do de Metelo, en Numismatics.org
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. I. Cambridge University Press. 1974. Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Smith, William et. al. (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso