Mohamed Salah Ghaly (en ), nado en Basyoun, Gharbia o 15 de xuño de 1992, é un futbolista exipcio, que xoga como dianteiro no Liverpool F.C. da Premier League de Inglaterra e na selección de Exipto.

Comezou a súa carreira en Al-Mokawloon Al-Arab. Logo trasladouse ó FC Basel en 2012 e posteriormente xogou para Chelsea, Fiorentina (en préstamo) e Roma antes de ser transferido ó Liverpool en 2017. Ademais de representar ó equipo nacional exipcio dende 2011, gañou unha Medalla de bronce na Copa Africana de Nacións Sub-20. Tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2011, nos Xogos Olímpicos de 2012 e a Copa Africana 2017, onde Exipto foi subcampión e se clasificou no Mundial de Fútbol Rusia 2018. Salah converteuse no máximo goleador da Clasificación mundial da FIFA na CAF. Gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada co Basilea e a Premier League 2014-15, a Football League Cup 2014-15 co Chelsea. Foi galardoado pola CAF como o talento africano máis prometedor do ano en 2012. En 2013, foi galardoado co premio SAFP Golden Player por ser o mellor xogador da Super Liga Suíza. En 2017, foi nomado Futbolista africano do ano e Futbolista Africano da BBC do ano. Tamén foi galardoado dúas veces como o xogador do mes da Premier League, en novembro de 2017 e en febreiro de 2018.

Traxectoria Comezos e primeiros anos

Salah formouse no Mokawloon Al-Arab e no Arab Contractors. Ademais de representar ó equipo nacional do seu país a unha idade temperá, tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA e nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012.

En agosto de 2012, o Basel fíxose cos seus servizos. Salah gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada, sendo galardoado co premio ó Futbolista africano do ano.

Chelsea Tempada 2013/14 O seu bo rendemento en Suíza permitiulle fichar polo Chelsea en xaneiro de 2014, curiosamente o equipo ó que lle marcara dous goles na Liga de Campións da UEFA 2013-14. O 8 de febreiro de 2014 entra en troques de William no minuto 78 debutando no fútbol inglés ante Newcastle. Marca o seu primeiro gol o 26 de marzo na vitoria por 6 a 0 fronte ó Arsenal e o seu segundo o 5 de abril ante Stoke City no triunfo por 3-0. Remata a tempada con 800 minutos xogados e só xogou un partido completo e 7 de titular. O equipo non gaña títulos e queda terceiro na Premier League.

Notas

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Exipto Categoría:Futbolistas olímpicos de Exipto Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Exipto Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026