The Radio Dept. son unha banda sueca recoñecida como influencia shoegaze e dream pop dentro da escena indie rock mundial na década do 2000, posicionando o seu primeiro e terceiro álbum ,"Lesser Matters" e "Clinging to a Scheme", entre o mellor valorado pola crítica anglosaxoa do xénero.Selección de mellores discos en Pitchfork

Historia

Elin Almered e Johan Duncanson comezaron a tocar xuntos na cidade de Lund, en Suecia, cara 1995, bautizando ao seu conxunto musical co mesmo nome dunha estación de gas en activo da cidade, Radioavdelningen. Almered e Duncanson rompen a banda pouco despois de atopar o nome para posteriormente recuperala tres anos despois integrando a Martin Larsson. A baixista Lisa Carlberg, o batería Per Blomgren e o teclista Daniel Tjader fóronse progresivamente incorporando ata chegar ao momento con maior número de integrantes da banda no 2001. Nese mesmo ano a banda envía unha demo á revista Sonic, trala súa publicación como CD de agasallo os suecos reciben unha oferta do selo multinacional Labrador; o debut da banda chegaría dous anos despois, a formato completo en dous CDs, o seu primeiro título "Lesser Matters", chegados a este punto, Blomgren rompe de forma amistosa coa banda. Ese álbum e un EP, que vería a luz en 2005, "Pulling Our Weight EP", captan a atención dos medios até o punto de ser contratados como banda sonora para o filme de Sofia Coppola Marie Antoinette, para o que foron elixidas as cancións "Keen on Boys," "Pulling Our Weight," e "I Don't Like It Like This."The Radio Dept.

En setembro de 2018 a banda publica o single “Going Down Swinging” como crítica ao movemento racista popularizado no seu país no marco das eleccións lexislativas nese mesmo mes. The Radio Dept.

Discografía miniatura|The Radio Dept nos concertos do CUVI no Ciclo Sonora08, do ano 2008 Álbums Álbum Ano Selo Lesser Matters 2003 Labrador, Shelflife Pet Grief 2006 Labrador Clinging to a Scheme 2010 Labrador Running Out of Love 2016 Labrador

EP Álbum Ano Selo Pulling Our Weight EP 2005 Labrador This Past Week 2005 Labrador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Críticas e novas

Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais formados en 1998