Andreas Granqvist, nado o 16 de abril de 1985 en Helsingborg, é un futbolista sueco con contrato co FK Krasnodar ata o verán de 2018. O 28 de xaneiro de 2018 asinou por tres anos dende o verán co Helsingborgs IF."Andreas Granqvist återvänder till hif" , hif.se

Traxectoria Nado na localidade de Påarps no concello de Helsingborg, Granqvist comezou a xogar ao fútbol no equipo local, o Påarps GIF. En 1999 entrou nas categorías xuvenís do Helsingborgs IF e en 2004 debutou co primeiro equipo, chegando a ser capitán. Entre xaneiro de 2007 e marzo de 2008 xogou co Wigan Athletic F.C. na Premier League. Xogou 14 partidos dende o inicio da tempada, mais o equipo cedeuno ao Helsingborgs IF en marzo de 2008 ata a fin da tempada inglesa en xuño, e entrou na selección sueca para a Eurocopa de 2008.

En xullo dese ano, adquiriuno o club neerlandés do FC Groningen, xogou regularmente como titular e en 2009 tanto Voetbal International como Goal Com seleccionárono dentro do equipo do ano con altas puntuaciónsUitslag elftal van het seizoen 2008/09 . Voetbal Internacional. Consultado o 25 de maio de 2009.Goal.com "Special: Eredivisie Team of the Season 2008-09" . Goal.com, 23 de maio de 2009.. En agosto do 2011 mercouno o Genoa CFC e despois de dous anos en Xénova, foi un dos xogadores titulars do club e un dos favoritos dos seareiros locaiss. En 2013 marchou ao equipo ruso do FK Krasnodar. Granqvist recibiu o balón de ouro no ano 2017. O 28 de xaneiro de 2018 presentouse como nova fichaxe do Helsingborgs IF."Officiellt: Granqvist presenterad av HIF - kommer ta över sportchefsrollen", fotbollskanalen.se

Selección nacional Granqvist debutou coa selección nacional o 23 de xaneiro de 2006. Seleccionado para a Eurocopa de 2008, non chegou a saír ao campo. O seu primeiro gol marcouno contra San Marino o 7 de setembro de 2010, despois de saír ao campo tras a expulsión de Olof Mellberg. O 18 de xuño de 2018 na súa estrea do Mundial de Rusia, e xogando contra Corea do Sur deulle a vitoria ao seu equipo ao marcar un penalti, rematando o partido 1-0 a favor de Suecia.

Notas

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Helsingborg Categoría:Futbolistas de Suecia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Helsingborgs IF Categoría:Xogadores do Wigan Athletic FC Categoría:Xogadores do FC Groningen Categoría:Xogadores do Genoa CFC Categoría:Xogadores do FC Krasnodar Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Suecia