Atlas C, tamén coñecido co código XSM-65C, foi un mísil balístico intercontinental de proba pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a última iteración experimental antes da entrada en produción.
Características O Atlas C foi un modelo de probas, sucesor dos Atlas A e Atlas B, que non levaba oxiva funcional. Voou seis veces, con tres fallos, e deu lugar ao primeiro ICBM (mísil balístico intercontinental) despregado nos Estados Unidos. Co tempo o foguete evolucionaría para dar lugar a unha familia de lanzadores espaciais. Foi adicado a verificar os tanques de propelente de grosor mínimo e os sistemas de comunicación e usaba un motor exectable e un motor de sustentación no que se deu en chamar un foguete "de etapa e media". Podía levar unha carga de 70 kg a unha altura de 185 km.
Variantes
Atlas C Able O Atlas C Able consistía nun Atlas C cun foguete Able como segunda etapa e un Altair como terceira. Só intentou lanzarse unha vez, explotando na rampla de lanzamento durante unha proba de acendido estático o 24 de setembro de 1959.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 1 24 de decembro de 1958 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito Primeiro voo. 2 27 de xaneiro de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo 3 20 de febreiro de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo 4 19 de marzo de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo 5 21 de xullo de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito 6 24 de agosto de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito Último voo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atlas Atlas A Atlas B Atlas D Atlas E Atlas F
Categoría:Atlas (foguete) Categoría:Mísiles