Ludmilla Ivanovna Tourischeva (en ), nada en Grozni o 10 de setembro de 1952, é unha ex-ximnasta rusa que competiu pola Unión Soviética. Foi nove veces medallista olímpica (catro delas de ouro), once veces medallista en mundiais (oito ouros) e catorce veces en campionatos europeos (oito ouros). Tourischeva foi a única ximnasta en unir os títulos de campioa europea, mundial e olímpica, trala checa Vera Caslavska. Despois dela, só a ucraína Lilia Podkopayeva o logrou de novo.

Traxectoria Tourischeva iniciouse na ximnasia en 1965, aos trece anos, e comezou a competir dous anos máis tarde. Obtivo a súa primeira medalla na Copa Soviética, na que conquistou o ouro do concurso xeral. O ano seguinte, porén, acabou a súa participación co bronce. Adestrada polo soviético Vladislav Rastorotski, ex-técnico de Natalia Iurchenko, Ludmilla representou a Unión Soviética nas Olimpíadas da Cidade de México. Nesta competición logrou o ouro por equipos, a súa primeira medalla nun evento internacional importante.

O ano seguinte a ximnasta disputou outros tres campionatos. No Soviético subiu ao podio catro veces: foi bronce na individual xeral e prata en salto, barra fixa e chan. Na Copa Soviética a atleta recuperou a primeira posición e, deseguido, participou por primeira vez no Campionato Europeo. Nel conquistou a terceira posición do concurso xeral, barras asimétricas e chan.

En 1970 Tourischeva converteuse na líder do equipo nacional soviético. Dende entón até 1974 venceu todos os concursos xerais dos campionatos internacionais. No Mundial de Ljubljana a ximnasta logrou, ademais do ouro da individual xeral e chan, o bronce no salto e a prata nas barras asimétricas. En 1971 no Campionato Europeo foi ouro no concurso xeral, salto e chan, e prata en barras asimétricas e barra fixa. O ano seguinte, nos Xogos de Múnic (a súa segunda participación olímpica) conquistou o seu terceiro individual xeral. Alén diso, venceu na disputa por equipos e conquistou dúas medallas nas finais por aparatos (bronce no salto e prata no chan), no que foi superada pola súa compañeira de equipo Olga Korbut. En 1973, na nova edición do Campionato Europeo, a atleta conquistou todos os ouros individuais, ademais de manter o bicampionato da competición. En 1974, no Mundial de Varna, con 22 anos, foron seis medallas nas seis probas disputadas. A primeira, o ouro por equipos, foi seguida dun novo bicampionato no concurso xeral. Nas finais por aparellos logrou o ouro no chan e barra fixa, a prata no salto e o bronce nas barras asimétricas. Como consecuencia das súas accións e resultados, Ludmilla foi considerada o exemplo da ximnasia soviética da época: graciosa, elegante e cunha técnica audaz e impecábel.

No Campionato Europeo de 1975 conquistou o bronce no chan. Porén, quedou fóra do podio da individual xeral, vencida pola debutante romanesa Nadia Comăneci. A súa compañeira de equipo, Nellie Kim, ficou coa prata. En cambio, na Copa do Mundo a ximnasta logrou todas as medallas de ouro disputadas, alén de vencer a proba do salto no Campionato Nacional Soviético. Na Copa do Mundo, disputada no estadio de Wembley, a súa interpretación nas asimétricas marcaron o público debido á rotura dos cabos de suxeición. Trala presentación, as barras caeron mentres Tourischeva saudaba os xuízes.And the steel was broken. Olympic Panorama, xullo-setembro de 1990. páx. 33 e 34. ISBN 0204-2177

O ano seguinte foi o seu último como profesional. A ximnasta disputou os Xogos de Montreal e acabou a súa participación con catro medallas. A primeira, de ouro, chegou no evento por equipos, seguida do bronce no concurso xeral (superada por Comaneci e Kim) e da prata en salto e chan, ambas probas vencidas pola súa compatriota Nellie Kim.

Tourischeva tamén foi coñecida pola súa conduta deportiva. Durante os Xogos de Montreal, a ximnasta saudou persoalmente a Comăneci despois de está recibir o ouro no concurso xeral.COMANECI, Nadia. Letters to a young gymnast. Basic Books, Nova York, 2003. ISBN 0-465-01276-0 En 1977 a soviética casou con Valeri Borzov, dúas veces medallista olímpico en 1972. En 1981 foi elixida membro do Comité Técnico da Ximnasia Artística Feminina, da Federación Internacional de Ximnasia e comezou a traballar como adestradora en Ucraína, onde permanece como técnica. Entre as súas ximnastas está a campioa olímpica Lilia Podkopaieva.

En 1998 Tourischeva foi incluída no International Gymnastics Hall of Fame.

Principais resultados AnoEventoIndividual xeral (All-Around)Equipo25px|Salto sobre o cabalo25px|Poldro25px|Barras asimétricas25px|Chan1967Copa Soviética17px1968Copa Soviética17pxXogos Olímpicos17px1969Campionato Europeo17px17px17pxCampionato Nacional Soviético17px17px17px17pxCopa Soviética17px1970Campionato Mundial de Ximnasia Artística17px17px17px17px17pxCampionato Nacional Soviético17px17pxCopa Soviética17px1971Campionato Europeo17px17px17px17px17pxCampionato Nacional Soviético17px17px17pxCopa Soviética17px1972Campionato Nacional Soviético17px17px17pxXogos Olímpicos17px17px17px17pxCopa Soviética17px1973Campionato Europeo17px17px17px17px17pxCampionato Nacional Soviético17px17pxCopa Soviética17px1974Campionato Mundial de Ximnasia Artística17px17px17px17px17px17pxCampionato Nacional Soviético17pxCopa Soviética17px1975Copa do Mundo17px17px17px17px17pxCampionato Europeo17pxCampionato Nacional Soviético17px17px1976Copa do Mundo17pxXogos Olímpicos17px17px17px17px

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Federación Internacional de Ximnasia Article from "Soviet Life" Full list of competitive results

Categoría:Nados en Chechenia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Ximnastas de Rusia Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia Categoría:Ximnastas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética