Donegal (en ) é unha cidade do condado homónimo da República de Irlanda, o condado de Donegal. Foi a capital do antigo reino de Tyrconnell (a terra de Conall), un territorio máis extenso que o actual condado, gobernado polo clan dos O'Donnell. Perdeu esta condición no século XVI, trala invasión inglesa que rematou co poder dos O´Donnell e estabeleceu á cidade de Lifford como "County Town".
É a cuarta cidade máis poboada do condado, tras Letterkenny (19,588 habitantes), Buncrana (7,199), e Ballybofey (4,852).
A orixe e significado do seu nome é a expresión gaélica Dún na nGall, que significa "o forte dos estranxeiros".Placenames Database of Ireland: Dún na nGall/Donegal Estes estranxeiros deberon ser viquingos daneses que chegaron a esta terra antes do século XII.
Xeografía Atópase no centro da baía homónima, e distínguese das outras cidades do condado pola súa disposición urbanística. De orixe moi probablemente viquinga, no presente é unha localidade dedicada á pesca e ó turismo, este último bastante intenso grazas á súa estratéxica posición (xa que está situada sobre a estrada estatal que leva a Derry e a Letterkenny) e tamén grazas ós influxos históricos que a caracterizan.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Localidades do condado de Donegal