O Gran Premio de Francia de 1997 de fórmula 1 celebrouse no Circuíto de Nevers Magny-Cours en Francia o 29 de xuño de 1997. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de , o 75º Gran Premio de Francia, ou o 83º Gran Prix de l'ACF. A carreira de 72 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando o Ferrari tras comezar desde a pole position. Heinz-Harald Frentzen terminou segundo co equipo Williams, con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada e a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio do Canadá de 1997.

Resumo da carreira No inicio, Michael Schumacher liderou desde a pole con Frentzen no Williams detrás deél todo o camiño. Foi un mal inicio para Damon Hill, que perdeu unha á na primeira curva despois da saída e non amosou moito despois diso.

A carreira foi relativamente tranquila ata o final cando unha tormenta trouxo a choiva ao circuíto. Algúns pilotos entraron en boxes a poñer pneumáticos de chuvia mentres que outros quedaron na pista cos seus pneumáticos de seco. Varios pilotos trompearon baixo a chuvia, incluíndo a Michael Schumacher. Con todo, Schumacher mantivo o seu liderado.

Ao final, Michael cruzou a liña por diante de Frentzen pero nas últimas dúas voltas viuse unha gran batalla entre Ralf Schumacher, David Coulthard e Jean Alesi. Ao mesmo tempo Jacques Villeneuve ñoitaba conn Eddie Irvine para o último posto do podio.

Ralf Schumacher trompeou, perdeu o sexto lugar, pero como se menciona nas notas, Michael Schumacher (que o había dobrado), permitiulle volver na última curva. Naquel momento, o comentarista Murray Walker dixo que era un movemento de parvo. Con todo, na última volta, Alesi empurrou a Coulthard cara a fora, custandolle a Coulthard o quinto lugar, dando así a Ralf Schumacher o punto final porque se desdobrou.

Mentres tanto, na última curva, Villeneuve colleu a Irvine. Nun ataque desesperado na curva final trompeou, recuperouse, e pasou a Alesi na bandeira.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 5 Michael Schumacher Ferrari 1:14.548 2 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:14.749 +0.201 3 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:14.755 +0.207 4 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:14.800 +0.252 5 6 Eddie Irvine Ferrari 1:14.860 +0.312 6 14 Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 1:14.957 +0.409 7 8 Alexander Wurz Benetton-Renault 1:14.986 +0.438 8 7 Jean Alesi Benetton-Renault 1:15.228 +0.680 9 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:15.270 +0.722 10 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:15.339 +0.791 11 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:15.453 +0.905 12 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:15.857 +1.309 13 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:15.876 +1.328 14 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:16.018 +1.470 15 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:16.149 +1.601 16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:16.536 +1.988 17 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:16.729 +2.181 18 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:16.941 +2.393 19 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 1:17.256 +2.708 20 17 Norberto Fontana Sauber-Petronas 1:17.538 +2.990 21 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:17.563 +3.015 22 21 Tarso Marques Minardi-Hart 1:18.280 +3.732

Carreira

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Michael Schumacher Ferrari 72 1:38:50.492 1 10 2 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 72 +23.537 2 6 3 6 Eddie Irvine Ferrari 72 +1:14.801 5 4 4 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 72 +1:21.784 4 3 5 7 Jean Alesi Benetton-Renault 72 +1:22.735 8 2 6 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 72 +1:29.871 3 1 7 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 Colisión 9 8 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 71 +1 volta 14 9 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 71 +1 volta 11 10 14 Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 70 +2 voltas 6 11 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 70 +2 voltas 21 12 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 69 +3 voltas 17 Ret 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 61 Eléctrico 19 Ret 8 Alexander Wurz Benetton-Renault 60 Trompo 7 Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 58 Trompo 16 Ret 17 Norberto Fontana Sauber-Petronas 40 Trompo 20 Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 36 Motor 13 Ret 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 33 Freos 15 Ret 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 18 Motor 10   Ret 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 15 Trompo 18 Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 7 Trompo 12 Ret 21 Tarso Marques Minardi-Hart 5 Motor 22

Notas Pedro Diniz cualificou por diante do seu compañeiro de equipo Damon Hill por primeira vez. Michael permitiu que o seu irmán Ralf o superase e se desdobrase na última curva. Posteriormente, Ralf logrou o último punto da carreira, subindo de 7º a 6º, despois de que Jean Alesi botara a David Coulthard fóra da pista. Jarno Trulli cambiou desde Minardi a Prost substituíndo ao ferido Olivier Panis. O asento de Trulli no Minardi ocupouno Tarso Marques. Norberto Fontana substituíu a Gianni Morbidelli no Sauber. Morbidelli rompera un brazo.

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michael Schumacher 47 2 Jacques Villeneuve 33 3 Heinz-Harald Frentzen 19 4 Eddie Irvine 18 5 Olivier Panis 15

Clasificación no campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 65 2 Williams-Renault 52 3 Benetton-Renault 25 4 McLaren-Mercedes 21 5 Prost-Mugen-Honda 16

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1997 Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1