The Children of Men é unha novela distópica de P. D. James que foi publicada en 1992. Ambientada en Inglaterra no ano 2021, céntrase nos resultados dunha infertilidade masiva. James describe un Reino Unido que se está despoboando constantemente e céntrase nun pequeno grupo de resistentes que non comparten a desilusión das masas.

O libro recibiu moi boas valoracións por parte da crítica, como Caryn James de The New York Times, que o considerou "marabillosamente rica" e "unha incisiva análise da política e do poder que fala con urxencia". O académico Alan Jacobs dixo, "De tódalas novelas de James, The Children of Men é probablemente a máis salientable no seu criticismo social, sen dúbida a máis profunda na súa reflexión teolóxica".

Adaptacións Children of Men (2006) é unha adaptación ó cinema dirixida por Alfonso Cuarón e protagonizada por Julianne Moore e Clive Owen. O filme foi moi ben recibido e, segundo Cuarón, P.D. James dixo que estaba compracida con el malia as alteracións.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1992 Categoría:Obras literarias en inglés