Sarah Patricia Connolly, nada no condado de Durham en 1963, é unha mezzosoprano inglesa, destacada intérprete de Händel e música barroca e contemporánea.
Traxectoria Educouse na Queen Margaret's School de York e no Royal College of Music. Durante cinco anos foi membro da BBC Singers onde cantou jazz. Ó deixar o grupo comezou a interesarse na ópera, debutando en 1994 en Der Rosenkavalier como Annina. A súa consagración chegou como Serse (Xerxes) e como Giulio Cesar no Festival de Glyndebourne. Debutou no Covent Garden no 2009, como Dido en Dido and Aeneas. Cantou música contemporánea, Twice Through the Heart de Mark-Anthony Turnage a carón de Oliver Knussen, Jonathan Harvey, John Tavener e outros, que foi lanzada no ano 2002 nunha gravación comercial.
En setembro do 2009, foi a solista de The Last Night of the Proms, cantando Mahler, jazz e Rule Britannia vestida como o Almirante Nelson.
Connolly vive en Gloucestershire, Cotswolds, xunto ó seu marido e filla Lily (2003).
En 2017 foi nomeada Dama do Imperio Británico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Cantantes do Reino Unido