Adelante foi un periódico editado na Coruña entre 1930 e 1931.

Historia e características Semanario republicano, apareceu o 18 de maio de 1930.La Voz de Galicia, 20-5-1930, p. 1.El Pueblo Gallego, 20-5-1930, p. 7. Fundado por Fernando Osorio Docampo, Carlos Monasterio Valeiro e Ánxel Casal, estaba dirixido por Fernando Osorio. A comisión promotora estaba formada por Fernando Osorio Docampo, Enrique Freijido García, César Alvajar Diéguez, Eduardo Paredes Rodríguez, Ramón Lago Portela, Antonio Zapata Fernández e Fernando Balsa Antón.El Orzán, 11-5-1930, p. 1. Despois foi dirixido por César Alvajar. Publicou extraordinarios e suplementos.La Voz de Galicia, 30-7-1930, p. 1. Foi multado e censurado polo Gobernador civil.El Pueblo Gallego, 6-9-1930, p. 5. Publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da I República o 11 de febreiro de 1931.La Voz de Galicia, 12-2-1931, p. 2. O 20 de febreiro de 1931 foi secuestrado por publicar un artigo de Luis Jiménez de Asúa.La Voz de Galicia, 22-2-1931, p. 7. O seu director, Fernando Osorio, foi acusado de sedición e xulgado na Coruña en abril de 1931.El Pueblo Gallego, 10-4-1931, p. 6. Coa proclamación da República pasou a ser diario o 18 de maio de 1931,El Orzán, 19-5-1931, p. 2. co subtítulo de Diario republicano de la tarde, co compromiso dos fundadores-propietarios, de suspendelo cando fose aprobada a Constitución, momento no que cada un deles recobraría a súa independencia política. Porén, cesou a súa publicación un pouco antes, o 15 de agosto de 1931.El Orzán, 16-8-1931, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1930 en Galicia Categoría:Prensa republicana