A Victoria foi unha nao ou carraca construída no século XVI pola monarquía hispana para a navegación oceánica. A Victoria foi a primeira nave en circunnavegar a terra. Foi construída para a chamada «Armada da especiería» ou «Armada de Magallanes» sendo o único navío que deu a volta ao mundo (1519-1522) ao mando de Juan Sebastián Elcano.
Descrición
A nao Victoria armouse nos estaleiros de Ondarroa (País Vasco). Non queda documentación do estaleiro nin da súa construción ou planos. O nome vén da igrexa de Santa María da Victoria de Triana (Sevilla). Alí foi onde Fernão de Magalhães xurou servizo ao rey Carlos I. Tiña unha capacidade de carga de 85 toneis viscaínos (102 toneladas). Tivo un custo de 300 000 marabedís, incluíndo o bote e o aparello. No inicio da expedición contaba cunha tripulación de 45 homes: 9 oficiais, 11 mariños, 3 artilleiros, 10 grumetes, 2 paxes e outros 10 homes máis entre criados do capitán e outros viaxeiros.
Tripulantes +Tripulantes que volveron a España na nao Victoria Nome Posto Juan Sebastián de Elcano, de Getaria Capitán Francisco Albo, de Axio Piloto Miguel de Rodas, de Rodas Piloto Juan de Acurio, de Bermeo Piloto Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza Sobresaliente Martín de Yudícibus, de Savona Marino Hernando de Bustamante, de Mérida Mariñeiro e barbeiro Nicolás el Griego, de Nauplia Mariñeiro Miguel Sánchez de Rodas, de Rodas Mariñeiro Antonio Hernández Colmenero, de Ayamonte Mariñeiro Francisco Rodríguez, portugués de Sevilla Mariñeiro Juan Rodríguez, de Huelva Mariñeiro Diego Carmena Gallego, de Baiona Mariñeiro Hans, de Aquisgrán Artilleiro Juan de Arratia, de Bilbao Grumete Vasco Gómez Gallego el Portugués, de Baiona Grumete Juan de Santandrés, o de Santander, de Cueto Grumete Juan de Zubileta, de Barakaldo Paxe
Frota da que formou parte miniatura|Réplica da nao Victoria construída en 1992 para a Expo de Sevilla, no porto de Nagoya, Xapón.
Armada inicial da expedición de Magalhães, 1519 Navío Tonelaxe Tripulación 200px Trinidad 110 55 San Antonio 120 60 Concepcion 90 45 Victoria 85 42 Santiago 75 32 Tripulación total: 234 O Victoria de Magalhães
Notas
Categoría:Descubrimento das Américas Categoría:Naos