María Ofelia Erenia Nieto Iglesias, máis coñecida como Ofelia Nieto, nada en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de maio de 1931, foi unha soprano galega.
Traxectoria Ofelia Nieto naceu o 18 de marzo de 1900 en Santiago de Compostela, sendo a terceira filla de José Nieto, natural de Santiago de Compostela, notario de profesión, e Erundina Iglesias, orixinaria de Ferrol.
Cando Ofelia ía cumprir 12 anos a familia encontrábase na localidade de Santa Cruz de la Palma, onde chegou unha compañía de zarzuela integrada por coristas do Teatro Real. Logo de que os pais lles pediran que escoitaran ás súas fillas contestáronlles:
Faleceu en Madrid o 22 de maio de 1931 no Sanatorio de Ntra. Sra. del Rosario a consecuencia dunha enfermidade hepática e está enterrada no Cemiterio da Almudena.
Levan o seu nome unha rúa de Madrid e unha glorieta no Parque de María Luísa de Sevilla.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ángeles Ottein (irmá)
Categoría:Sopranos de Galicia Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en Santiago de Compostela