Jesús González López, nado en Vigo en 1965 é un músico e compositor galego.

Traxectoria Jesús González realiza os seus estudos musicais en Vigo, Santiago e Barcelona. Participa en seminarios impartidos por compositores como S. Sciarrino, T. Murail, M. Lindberg, J. Harvey, P. Hurel, M. Rodeiro e J. Manuel López López.

Na súa inquietude como compositor comprometido coa arte contemporánea forma o grupo Aticus16 no ano 1994, coordina o Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago (CGAC) entre os anos 1996 e 1998, colabora regularmente con ensembles e intérpretes da música contemporánea e crea os ciclos de música de cámara Galegos Hoxe! en Vilagarcía de Arousa e Música d'Avui! en Barcelona.

As súas composicións son interpretadas por músicos de referencia na contorna internacional e ten recibido encargos de formacións e entidades, entre elas o Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) o a Orquestra Sinfónica de Galicia. A súa obra para orquestra sinfónica Aquaeductus foi finalista no IV Concurso Internacional de Composición Andrés Gaos.

No 2011, baixo o nome Cantiga, comeza unha serie de obras para distintos instrumentos que intentan evocar os cantos doutrora da terra galega.

No 2016 edita o seu primeiro CD titulado Cantiga cunha selección representativa das súas obras de cámara e a só.

No 2019 o teatro National Sawdust de New York, presenta nove obras no concerto monográfico titulado "Jesús González. Música desde o silencio", no cal estrea as obras dopo il Sole, haut-lieux para clarinete e violoncello, e Plegaria de los ahogados para trombón só.

Gañador do I Premio á Excelencia na Docencia Musical en Galicia 2021, que otorga a Fundación Rogelio Groba.

Obra Orquestra TítuloDataFormaciónDuraciónNo Ferro do Raíl1995Soprano, 2 frautas, 2 clarinetes, 2 trompetas e orquestra de corda7'Aquaeductus1998/2000Orquestra Sinfónica16'-17'2002 tres notturni sin luz2002Orquestra Sinfónica22'Partes2004/05Orquestra20'Carguero2014Orquestra23'Lamento, ecco2021/22Violín e Orquestra 24'

Ensemble TítuloDataFormaciónDuraciónCéret1989/90Frauta solista e grupo de 8 frautas.35'Crisis1991/94Recitador, soprano, 2 frautas, óboe, 2 clarinetes, trompeta, 2 violíns, viola, 2 cellos, percusión e piano45'solo1995/964 violíns; frauta/piccolo; clarinete/cl. baixo; viola; cello; e piano13'18 Variaciones2003Frauta, clarinete, trompeta, violín, viola, cello, piano e percusión6'Barco2010Frauta, clarinete, trombón, violín, cello, contrabaixo e percusión15'Con dolore2020Frauta, oboe, trompeta, trompa, arpa, percusión, violín, cello e contrabaixo10'

Cámara TítuloDataFormaciónDuraciónEditadoO silencio1984Frauta, clarinete, violín, piano e timbaisVolviendo al pasado hacia dentro1991Frauta e piano12'O Longo Camiño de Santiago1992/93Frauta e piano7'DIDUM1993Frauta, óboe, fagot, cello e clave14'acaricio tu calma1994Clarinete, viola e piano17'Sense fi1995Cuarteto de frautas9'Cancioneiro1996/98Frauta, óboe, clarinete e fagot (o requinto, 2 clarinetes e clarinete baixo)9'Spectro I1997Cuarteto de saxofóns soprano, alto, tenor e barítonoGregorianus 22002Saxo soprano e piano12'Por la Paz2004Frauta e piano12'B&M Edicións MusicaisTrío2006Violín, cello e piano18'31''Und das Lied bleibt schön. Lied20062 Saxos baixos8'25''melancholia generosissima Düreri2007Cuarteto de corda18'(recuerdo una) Encantación2007Frauta e arpa5'27''B&M Edicións MusicaisDúo, Lied II2008Saxo e contrabaixo7'14''Dúo+Percusión2008Saxo, contrabaixo e percusión7'Cadenza et Chanson2010Frauta e acordeón8'45''Cantiga2011Instrumento melódico e piano5'25''B&M Edicións MusicaisFaro2011Cuarteto de corda14'10''B&M Edicións MusicaisCantiga 22012Violín e piano5'B&M Edicións MusicaisCantiga IV2013Trompa y piano5'30''B&M Edicións Musicaisdopo il Sole, haut-lieux2018Clarinete e violoncello8'Lluvias (7)2018-19Cuarteto de corda19'Desde el Cielo20193 frautas6'B&M Edicións MusicaisHouse2021Frauta, oboe, clarinete, trompa e fagot14'B&M Edicións MusicaisWar Mass2024Cuarteto de corda19'

Instrumento solista TítuloDataFormaciónDuraciónEditadoD.D.1991Clarinete3'Caminar 7.31999Frauta e electrónica15'Gregorianus 1 en Si b2001Clarinete12'Cantiga-Filpense 3 Piezas2003Percusión -3 temple-blocs, marimba e bombo-8'B&M Edicións MusicaisSeñales-Trumpet2010Trompeta (o clarinete o saxofón soprano)6'35"B&M Edicións MusicaisCantiga-Filipense2012Piano8'B&M Edicións MusicaisCantar Xemendo -Cantiga 5-2013Contrabaixo (o Violoncello)4'B&M Edicións MusicaisGregorianus Guitarra2013Guitarra9'B&M Edicións MusicaisElegy2015Violín6'B&M Edicións MusicaisFantaisie V2017Frauta6'10''B&M Edicións MusicaisPlegaria de los ahogados2017Trombón (o saxofón barítono o clarinete baixo)6'50''B&M Edicións MusicaisCome sentirò freddo dopo il Sole2018Clarinete7'23"Haut-lieux2018Violoncello7'25"Manhattan Song2020PianoGregorianus Retrogradus 2022Órgano 11'Fantaisie 42022Fagot6'Fantaisie 1 e la notte2023Viola8'Fantaisie 2 terribile2025Oboe7'

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial Jesús González

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes