Empire é unha revista británica de cinema publicada mensualmente por Bauer Consumer Media de Hamburgo con base en Bauer Media Group. Dende o primeiro exemplar publicado en xullo de 1989, a revista foi editada por Barry McIlheney e publicada por Emap. Bauer mercou Emap Consumer Media a comezos de 2008. É a revista de cinema máis vendida do Reino Unido e tamén é publicada nos Estados Unidos de América, Australia, Turquía, Rusia, Italia e Portugal. Empire organiza anualmente os Premios Empire que foron esponsorizados por Sony Ericsson, e dende 2009 por Jameson. Os premiados son elixidos polos lectores da revista.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sight & Sound Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Revistas do Reino Unido Categoría:Revistas de cinema Categoría:Revistas en lingua inglesa