Valerii Georgievich Karpin, nado en Narva o 2 de febreiro de 1969, é un exfutbolista estoniano con nacionalidade rusa. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección rusa. Actualmente adestra o FC Rostov da Liga Premier de Rusia e a selección rusa.

Traxectoria Karpin comezou a xogar nas ringleiras do Sport Tallinn, o conxunto da súa localidade de nacemento, no que xogou entre os anos 1986 e 1987. Máis adiante xogou no CSKA de Moscova, ao que chegou con 18 anos. Despois de 2 anos sen sobresaír especialmente marchou ao Fakel Voronez, un conxunto de menor nivel onde sobresaíu entre o resto. Isto fixo que o Spartak de Moscova se fixese cos seus servizos en 1990. Neste club gañou tres Campionatos de liga e unha Copa de Rusia.

As boas actuacións de Karpin non pasaron desapercibidas para a Real Sociedad que o contratou en 1994. A súa estrea na Real Sociedad e na liga española foi o 4 de setembro de 1994 fronte á SD Compostela, con vitoria do equipo galego. Nas dúas tempadas que estivo no club xogou máis de 70 encontros e converteuse nunha das pezas básicas do conxunto donostiarra. As dúas boas tempadas de Karpin na Real Sociedad e os éxitos acadados en Rusia convenceron ao Valencia para pagar a cifra de 6 millóns de euros pola súa fichaxe, pero o paso por terras valencianas non foi ningún éxito e non conseguiu a regularidade que tivo nos anteriores conxuntos.

Karpin procurou unha saída do club "che" e apareceu o Celta polo que ficharía por un ano, que finalmente se converterían en 4. Nas ringleiras do Celta coincidiu co seu compatriota Mostovoi, co que fixo unha das duplas máis brillantes da liga e a vez máis polémicas,"Os «chicos malos» do Celta cabalgan do novo" en ABC xa que ambos xogadores contaban cun forte carácter que os levaba a rifar de seguido con árbitros, xogadores rivais e mesmo cos propios compañeiros e adestradores. Con todo, a dupla rusa do club vigués contribuíu enormemente a consecución do sexto posto de liga e a conseguinte segunda clasificación da historia do equipo para a UEFA, na tempada 1997/98, tras 27 anos de ausencia. O longo da súa estadía no club olívico, Karpin foi titular indiscutíbel. Forxou unha moi boa compenetración con Míchel Salgado que faría da banda dereita a máis efectiva do Celta.

Na tempada 2002/03 e tras 214 encontros e 36 goles como celeste quedou ceibe, posto que o adestrador Miguel Ángel Lotina non contaba con el. Así pois, o xogador retornou ao club que o trouxo á liga, a Real Sociedad. De volta en Donostia o seu primeiro ano foi todo un éxito, pois contribuíu enormemente cos seus 36 partidos e 8 goles á consecución do subcampionato de liga da tempada 2003/04. Xogou a Liga de Campións e dúas tempadas máis de liga deica a súa retirada no ano 2005.

Os éxitos de Karpin levárono a estrearse coa Selección da CEI, composta polas ex-repúblicas soviéticas (xa que esta acadara a clasificación denantes da súa disolución en 1991 para a Eurocopa de 1992), o 12 de abril de 1992 fronte a selección inglesa. En agosto do mesmo ano estreouse coa Selección rusa, en Moscova, nun encontro que gañarían contra a Selección mexicana. Dende entón converteríase nun habitual do combinado ruso, participando no mundial de 1994, a eurocopa de 1996 e o mundial de 2002, ata o seu derradeiro encontro o día 12 de febreiro de 2003 nunha derrota por 1-0 fronte a Selección de Chipre.

En total disputou 72 encontros coa selección rusa e 1 co combinado da CEI.

Palmarés Club Spartak Moscova Liga de Rusia: 1992, 1993, 1994 Copa de Rusia: 1992 Celta de Vigo Copa Intertoto: 2000

Negocios miniatura|150px|Karpin en 2009. Trala súa retirada do fútbol volveu a Vigo, onde desenvolveu un plan de urbanización en varios barrios da cidade xunto con outros proxectos en diversas localizacións. A diferenza doutros proxectos, como a dunha urbanización no Brasil e outras obras puntuais en varias cidades de España, en Vigo adicouse a labores de patrocinio de diversos clubs de deporte da cidade e diversos actos públicos."O ex futbolista da Real Sociedad Valery Karpin será o principal patrocinador do Karpin-Galicia, equipo ciclista profesional" "a súa empresa xa colabora con outras entidades deportivas como o Club Vigo Voleibol, que milita na Superliga masculina, e o Vigo Rugby Club. Tamén axuda a Chano Rodríguez, gañador de varias medallas de ouro na Paraolimpiada." en Diario Vasco A pesar do seu bo labor de cara á cidade, os esforzos do ex-celeste por obter o visto e prace do concello para os dous macroproxectos no Barrio do Cura e no antigo colexio Cluny non deron resultado. No ano 2008 abandonou a cidade rumbo a Moscova para comezar como director xeral do Spartak, equipo no que militou coma xogador dende 1990 ata 1994."O ex futbolista do Celta Valery Karpin, eloxiado ata a saciedade pola súa visión para os negocios inmobiliarios, puxo terra de por medio empuxado pola crise do sector e a falta de planeamento en todos e cada un dos municipios onde gastou en 4 anos 100 millóns de euros, para levantar sete urbanizacións que seguen paradas." en La Voz de Galicia

Durante o seu último ano de estancia en Vigo foi acusado de ser unha das caras máis visibles da corrupción urbanística e a especulación inmobiliaria da cidade durante as mobilizacións polo dereito á vivenda que se deron en todo o estado. Chegaron a aparecer pancartas no antigo convento das Hermanitas, comprado polo grupo de Karpin, no que se denunciaba a súa relación coa especulación inmobiliaria na cidade, así como tamén pintadas con lemas como Karpin = Mafia, Karpin mafioso ou Karpin ladrón por toda a cidade. Á súa marcha, Karpin emitiu un comunicado ós medios amosando a súa frustración de cara ós poderes políticos da cidade, á que o concello de Vigo respondeu que Valerii marchaba por interese propio."O goberno vigués di que Karpin vaise so porque ten unha oferta" en Atlántico Diario

Ao pouco tempo de comezar a desenvolver o seu novo cargo, o entón adestrador Michael Laudrup foi destituído. De maneira provisional, Karpin abandonou a dirección do club e comezou a exercer a función de adestrador."O Spartak de Moscova destitúe a Laudrup" "Karpin, director xeral do club e principal 'culpábel' da súa destitución, será a seu substituto provisional" en Marca

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina persoal e empresarial Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Narva Categoría:Futbolistas da Unión Soviética Categoría:Futbolistas de Estonia Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do SK Tallinna Sport Categoría:Xogadores do PFC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do FC Fakel Voronezh Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Membros do Club Grigorii Fedotov Categoría:Adestradores de fútbol de Rusia Categoría:Adestradores do FC Spartak Moscova Categoría:Adestradores do RCD Mallorca Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Rusia