Para a moeda de bronce da República Romana de igual valor (5 ases), ver quincussis. miniatura|220px|Exemplar dun quinario coa tipoloxía orixinal: o busto de Roma e a marca de valor V no anverso, e os Dióscuros no reversoO quinario (en latín: quinarius nummus) foi unha moeda da Antiga Roma de prata, creada no século III a. de C., en tempos da República, co valor de medio denario de prata ou cinco ases de bronce."Quinario ". En Digalego. Dicionario de galego.Amandry (2001). "Quinaire".Mateu y Llopis, F. (1946). "Quinario"."Quinarius". En Rich, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883."Quinarius". En Girod, Joseph. Dictionaire spécial et classique des monnaies, poids, messures, duivisions du temps chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 43.

No inicio do período imperial, utilizouse tamén a denominación de quinario de ouro (quinarius aureus) para se referir á moeda de medio áureo.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Quinario de oro".

Historia

Quinario de prata miniatura|180px|Quinario coa efixie de Augusto, cuñado ca. 25-23 a. de C. Peso: 1,84 g.O quinario comezou a ser cuñado no marco da segunda guerra púnica, en 211 a. de C., simultaneamente ao denario e ao sestercio, herdando o seu valor de cinco ases do anterior quincussis de bronce republicano"Quinarius". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.. De feito, a esta equivalencia de cinco ases (ou medio denario) debe tanto a orixe da súa denominación, quinarius nummus derivada de quinque ("cinco"), como a marca de valor que representa o numeral romano V (pola mesma razón, o denarios amosan a marca  X).Alfaro Asins, C. et al. "Quinario". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7"Quinarius". En Roman silver coins. Fractions of the denarius . www. monete-romanae.com.

En palabras de Plinio (23-79):Plinio. Naturalis Historiae. Libro 33.C.2.3.S.11-13 O mesmo Plinio recolle tamén na súa obra unha cita de Volusius Maecianus:Plinio. Naturalis Historia. Libro XXXIII.

A tipoloxía inicial destas primeiras emisións, tanto dos quinarios como dos denarios, consistía na cabeza con casco da deusa Roma no anverso e os Dióscuros no reverso.Depeyrot (2006). Páxina 13."Quinarius". En Forum Ancient Coins.

Logo da súa oprimera emisión, o quinario foi reintroducido en 101 a. de C. en substitución do vitoriato, pero nese momento coa nova equivalencia de oito ases, por mor do reaxuste do denario, que pasara a valer 16 ases nunha reforma de 118 a. de C."Quinaire". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 198. Nos anos seguintes a esta reintrodución, cuñáronse grandes cantidades de quinarios, a maioría deles para a súa posta en circulación na Galia.Vagi, D. (2001). "The Early Empire. Silver & billon. Quinarius (pl. Quinarii)". miniatura|120px|Anverso dun quinario áureo imperial de Lucio Vero (167-168), cuñado en Roma

A partir de aí, a produción de quinarios foi moi esporádica na fase final da República e durante o Imperio, ata o século III.Melville Jones (1990). "Quinarius". Na decadencia do Imperio, a partir de Aureliano (270-275), emitíronse quinarios moi desvalorizados de billón e, finalmente, só de cobre, antes da súa desaparición definitiva."Quinario". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com.

Quinario áureo A posterior denominación de quinarius aureus (quinario áureo ou de ouro), para o valor de medio áureo, que xa aparecera no período republicano, foi integrada no novo sistema monetario instituído por Augusto no ano 19 a. de C.Depeyrot (2006). Páxina 33.Mateu y Llopis, F. (1946). "Quinario de oro".

A súa emisión foi esporádica e non circulou en todo o Imperio. Rrealmente non foi unha moeda relevante no sistema. A súa tipoloxía foi común á do áureo.Vagi, D. (2001). "The early Empire. Gold. Quinarius (pl. Quinarii)".

No ano 64 d. de C., a reforma monetaria de Nerón reduce o peso do áureo a 7,26 gramos e o quinario áureo sufriu unha desvalorización proporcional.

+Sistema monetario de Augusto (27 a. C - 301 d. C)+(27 a.C. – 301 A.D.) Áureo Quinario (Au) Denario Quinario (Ag) Sestercio Dupondio Ás Semis Quadrans Áureo 1 2 25 50 100 200 400 800 1.600 Quinario (Au) 1/2 1 12  1/2 25 50 100 200 400 800 Denario 1/25 2/25 1 2 4 8 16 32 64 Quinario (Ag) 1/50 1/25 1/2 1 2 4 8 16 32 Sestercio 1/100 1/50 1/4 1/2 1 2 4 8 16 Dupondio 1/200 1/100 1/8 1/4 1/2 1 2 4 8 Ás 1/400 1/200 1/16 1/8 1/4 1/2 1 2 4 Semis 1/800 1/400 1/32 1/16 1/8 1/4 1/2 1 2 Quadrans 1/1.600 1/800 1/64 1/32 1/16 1/8 1/4 1/2 1

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Imperio Romano Reforma monetaria de Augusto

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8 Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163

Ligazóns externas "Quinarius". Descricións e fotografías en Coin Archives. "Quinarius ". Descricións e fotografías en Online Coins of the Roman Empire. Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Imperio Romano