A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, en castelán Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), é unha Axencia Estatal de España, creada en novembro de 1988 como órgano de xestión da política española de cooperación internacional para o desenvolvemento e dirixida á loita contra a pobreza e o desenvolvemento humano sostible.
Está adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional y para Iberoamérica y el Caribe (SECIPIC).
A estrutura externa da AECID está formada por Oficinas de Cooperación Técnica (OTC), Centros Culturais (CC) e Centros de Formación (CF), situados nos países onde desenvolve as súas actividades. En total, a Axencia ten máis de mil traballadores, tanto na sede como nos seus centros no estranxeiro e está presente en 33 países.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Axencia
Categoría:Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España Categoría:Axencias estatais de España