Super Size Me é un filme documental estadounidense de 2004 dirixido e protagonizado por Morgan Spurlock, un cineasta independente. O filme conta a experiencia de trinta días de Spurlock, dende o 1 de febreiro ó 1 de marzo de 2003, durante o a cal só comeu produtos de McDonald's. O filme recolle o drástico efecto que tivo no seu estilo de vida e no seu propio benestar físico e psicolóxico, e explora a influencia da industria da comida rápida, incluíndo en como explotan unha nutrición pobre para o seu propio beneficio.

O documental foi nomeado ó Oscar ó mellor documental na 77ª edición dos premios. Como resposta ó éxito do filme, creouse un libro de banda deseñada por Dark Horse Comics con historias que ilustran casos de sustos sanitarios por mor da comida rápida.

Spurlock estreou unha secuela, Super Size Me 2: Holy Chicken!, en 2017."Toronto Film Review: ‘Super Size Me 2: Holy Chicken!’". Variety, 14 de setembro de 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Illinois Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes rodados en Washington, D.C. Categoría:Filmes rodados en Wisconsin