miniatura|300px|Lugar do cintos de montaña do herciniano ou varisco (de Alleghenia en América do Norte) a metade do Carbonífero. As liñas de costa actuais represéntanse en gris.Baseado en e

A oroxénese herciniana ou varisca foi un evento xeolóxico de formación de masas de montañas que se produciu no Paleozoico final pola colisión continental de Euramérica (ou Laurusia) e Gondwana e que resultou na formación do supercontinente Panxea.

Nomenclatura O termo varisca ou varisco procede do nome latino medieval do distrito Variscia, que se refería á tribo xermana dos Varisci. Ese termo acuñouno en 1880 o profesor xeólogo Eduard Suess, da universidade de Viena. Pola outra banda, o termo herciniano deriva do bosque Herciniano, que foi o bosque que se cita na literatura e que cubría a parte leste do río Rin de norte a sur da Xermania Magna.

Ambos os dous termos tentan ser descritivos das direccións de buzamento que os xeólogos observaran na zona alemá: a varisca, de suroeste a noroeste, e a herciniana, de noroeste a suroeste. A dirección varisca reflicte a dirección dos antigos pregamentos que emerxeron ao longo de Alemaña e rexións próximas e que se desviaron da súa dirección para encaixar nos seguintes pregamentos.

Franz Kossmat liderou a investigación dos pregamentos variscos en Alemaña, e definiu unha división das variscidas europeas en 1927 que aínda é válida. A outra dirección, a herciniana, segue a dirección das montañas Harz alemás. Este termo, úsase en diferentes graos como sinónimo de varisco.

Nalgúns casos, en particular en estudos americanos, empréganse outros termos para referirse á mesma oroxénese e formación das Montañas do Apalache, ou similares.

O termo varisca experimentou diferentes usos desde os 1960. Polo xeral, emprégase para describir os pregamentos e fases da oroxénese do paleozoico tardío e dándolle unhas datas de 380 a 280 Ma. Nalgunhas outras publicacións o termo emprégase para pregamentos aínda máis recentes, dándolle outro concepto diferente ao da oroxénese europea e americana relacionada coa colisión de Gondwana-Euramérica.

Distribución 300px|miniatura|Distribución das oroxéneses con idades similares á oroxénese varisca (gris).

O cinto americano e europeo varisco inclúe as cordilleiras da Península Ibérica (en particular Galiza e os Pireneos), o suroeste de Irlanda, Cornualla e Devon, e en Gales as rexións de Pembrokeshire, a península de Gower e o val de Glamorgan. Os seus efectos están presentes tamén en Francia desde a Bretaña, por debaixo da bacía parisiense ata Ardenas, no Macizo Central francés, a cordilleira dos Vosgos e en Córsica. O cinto varisco reaparece na Sardeña italiana e en Alemaña no macizo do Rhin (Ardenas, Eifel, Hunsrück, Taunus e outras rexións arredor do val cetral do Rhin), na Selva negra e nas montañas de Harz quedaron como un vestixio.

Na república Checa e no leste de Polonia o macizo Bohemio é a rexión máis o leste do cinto varisco europeo no que non houbo modificacións. Outras formacións variscas que aparecen máis o sueste están en parte agochadas polo impacto da sucesiva oroxénese alpina.

Nos Alpes, o núcleo varisco está arredor das rexións francesas Mercantour, Pelvoux, Belledonne, Montblanc e o macizo do Aar. As cadeas montañosas Dinárdicas, gregas e turcas xa son o remate polo sueste do varisco europeo.

A oroxénese varisca foi contemporánea coa oroxénese acadiana e a apalache, que se produciu en América do Norte, e que foi responsable da formación dos Apalaches e das montañas Ouachita. As áreas americanas do norte con dobramentos variscos son a Nova Inglaterra, Nova Escocia e Terra Nova e Labrador. A meseta marroquí e o Anti-atlas do noroeste africano teñen unha estreita relación coas Apalaches e formaron parte da oroxénese apalache antes da apertura do océano Atlántico durante o Xurásico.

As montañas variscas, nun sentido cronolóxico amplo, inclúen aos Urais, as montañas de Pamir, e as do Tian Shan, así como a outros dobramentos asiáticos.

Formación A oroxénese varisca ou herciniana produciuse cunha complicada e heteroxénea mestura de colisións de diferentes microplacas en diferentes unidades de tempo. Iso dificulta a reconstrución da oroxenia. A converxencia de placas que causaron a oroxénese caledoniana no silúrico continuou coa oroxénese varisca nos seguintes períodos, o Devoniano e o Carbonífero. Ambas as dúas oroxéneses produciron a unión dun supracontinente, a Panxea, que rematou no carbonífero.

Durante o ordovícico as masas de terra, que eran a Gondwana (as arestora América do Sur, África, a Antártida e Australia), ocuparon posicións entre o polo sur e o ecuador nunha única face do planeta. Cara ao leste había tres masas continentais: Laurentia, Siberia e Báltica, e que se situaban formando os vértices dun triángulo. Cara ao sur tiñan un arquipélago, o terreo de Avalonia, que emerxía pegado á marxe litoral norte da Gondwana a comezos do ordovícico.

A finais do Silúrico e inicios do Devoniano, Báltica e Laurentia derivaron unha contra a outra, pechando o océano de Xápeto que as separaba. A súa colisión, a oroxenia caledoniana, creou as montañas da Caledonia de América do Norte, Groenlandia, as illas británicas e Noruega.

A expansión do piso oceánico ao sur de Avalonia puxouna cara ao norte de Laurentia e fixo emerxer as montañas do norte do Apalache durante a fase acadiana da oroxénese caledonia. Nese período o mar de Tornquist, que estaba entre a Avalonia e Báltica, pechouse. Con iso, a Avalonia formou pola costa do sur un novo continente: Euramérica ou continente do "Arenito vermello antigo" e resultou nas masas que arestora son a América do Norte, as Illas Británicas, a Alemaña do norte, a Escandinavia e o leste de Rusia.

A finais do Devoniano e durante o Carbonífero o arquipélago Armórica da Europa do sur, que se separara de Gondwana despois de Avalonia máis tarde durante o Ordovícico, foi empurrada cara a Avalonia e creou unha segunda franxa polo leste da Caledonia e o Apalache: a do varisco de Europa e América do Norte. Iso continuou coa colisión de Gondwana coa Euramérica a principios do Carbonífero, cando o cinto varisco xa que estaba presente e desenvolvéndose en activo.

A finais do Carbonífero, Gondwana uniuse coa Euramérica polo seu oeste e polo norte da América do Sur e o noroeste de África. Siberia estábase achegándoselles polo noroeste, despois da súa separación de Euramérica só con augas pouco profundas entre medias. O choque de Siberia resultou na formación das montañas Urais a finais do paleozoico e completouse coa formación de Panxea. A Euramérica do leste aínda se mantivo en división de Gondwana coa formación do océano Paleotetis.

Durante o Triásico da era mesozoica, a flora e fauna púidose desprazar entre os continentes desde a Siberia ata, pasando polo norte da Antártida,o polo sur. Na era do mesozoico a formación do Atlántico supuxo a quebra da Panxea. En consecuencia, o cinto varisco, que daquela circundaba a periferia do Báltico, resultou rachando e perdendo a súa continuidade desde os Apalaches.

Localización dos macizos hercinianos A oroxenia varisca ibérica

miniatura|400px|esquerda|Estruturas xeolóxicas europeas da oroxénese varisca no Permiano. Destaca a forte curvatura do Arco Ibero-Armoricano e mais tamén das posicións da futura Península Ibérica e das illas de Córsega e Sardeña en comparanza co demais do que hoxe é EuropaFranke, W.; 1992: Phanerozoic structures and events in central Europe, in: Blundell, D.J.; Freeman, R. & Mueller, S. (eds.): A Continent Revealed - The European Geotraverse, 297 pp., Cambridge University Press, ISBN 052142948X, pp. 164-179.Franke, W.; 2000: The mid-European segment of the Variscides: tectonostratigraphic units, terrane boundaries and plate tectonic evolution, Geological Society of London, Special Publications 179, pp. 35-61. Matte, P.; 2001: The Variscan collage and orogeny (480±290 Ma) and the tectonic defnition of the Armorica microplate: a review, Terra Nova 13, 122-128.von Raumer, J.F.; Stampfli, G.M. & Bussy, F.; 2003: Gondwana-derived microcontinents — the constituents of the Variscan and Alpine collisional orogens, Tectonophysics 365, pp. 7–22. Walter, R.; 2003: Erdgeschichte – Die Entstehung der Kontinente und Ozeane, 325 pp., Walter de Gruyter, Berlin (5th ed.).

A metade occidental da Península Ibérica forma a chamada cadea montañosa do macizo IbéricoNalgúns momentos foi o denominado Macizo Hespérico., que é un continuo do macizo Central e Armoricano franceses e os macizos de Rhin e Bohemio alemáns: a rama sur do arco Ibero-Armoricano. Ese macizo Ibérico discorre desde a Galiza-Trás-os-Montes ata a Algarve e a Serra Morena, e é unha parte do continuo que se formou no proceso de oroxénese varisca europea durante o Proterozoico superior e o Carbonífero pola converxencia e colisión de Laurasia e Gondwana. O macizo Ibérico é a parte sur dese arco continuo Ibero-Armoricano, que ten uns 3 mil km de longo e unha anchura entre os 700 e 800 km.

Xa que o resultado final da oroxénese foi a formación da Panxea, consecuentemente, nesta área deuse o peche de tres océanos: Xápeto, Reico e o Galicia-Macizo Central Francés. O novo cinto varisco creado da península tiña unha continuidade lineal ata Bohemia. No Permiano o macizo sufriu unha forte erosión e partiuse en varias placas por mor da disgregación de Panxea e a apertura do océano Atlántico. Así, a cadea varisca peninsular perdeu a súa continuidade coa América do Norte, o occidente africano e o macizo de Bohemia. Trala fragmentación, Iberia, Córsega e Sardeña retornaron as súas posicións pre-mesozoicas. Ademais, a formacións que se produciron durante a oroxénese varisca ibérica víronse reactivadas pola seguinte oroxénese alpina.

A oroxénese supuxo a deformación e unha metamorfización parcial, con intrusión de granitoides, dos terreos proterozoicos e paleozoicos que formaban as placas. A orientación da sección xeolóxica ten unha forma que revela claramente a orixe de oroxénese: na parte norte a orientación das placas é cara ao leste, e no sur é cara ao suroeste. Arestora esa territorio que se formou nesa oroxénese atópase amplamente erosionado. Mesmo as súas montañas mostran relevos suaves, como é o caso do macizo galaico. A orografía determinouna en esencia os factores de facilidade de meteorización das rochas: naqueles lugares onde a erosión foi máis fácil o relevo resultou en máis suave, de menor pendente. A litoloxía do macizo determínano en esencia as rochas plutónicas, en particular os granitos, e a presenza dalgunhas rochas metamórficas, como os xistos, as cuarcitas e os gneises. Nalgunhas pequenas áreas acumuláronse materiais sedimentarios, arenitos ou calcarias.

A división do macizo ibérico miniatura|esquerda|Unidades xeolóxicas da Península Ibérica, onde se pode comprobar as áreas resultantes da oroxénese herciniana do centro ao oeste. O macizo que xerou a oroxénese herciniana na península pódese clasificar en varias zonas paralelas e concéntricas ao arco Ibero-Armoricano: a zona cántabra, a asturoccidental-leonesa, a central ibérica, a Ossa-Morena e a portuguesa do sur. A maiores está a Galicia-Trás-os-Montes, que en realidade non é un cinto que forme parte desta oroxénese senón que é un bloque alóctono que foi empurrado contra a zona ibérica central.

Acéptanse polo xeral a definición destas zonas:

Zona Cantábrica: é o territorio máis á fronte e noroeste do macizo. É unha área do Paleozoico con sedimentos pre-oroxénese de baixo grosos e que foron depósitos mariños. Alí aos pregues e cabalgamentos diríxense cara ao núcleo do arco de xiro da oroxénese e conserva materiais preoroxénicos e sinoroxénicos grazas ao baixo grao de metamorfismo.