O carcinoma lobular invasivo é un carcinoma con orixe nos acinos glandulares das glándulas mamarias, cuxas células proliferan rompendo a membrana basal e infiltrando os tecidos adxacentes. É dicir, no carcinoma lobular infiltrante, o cancro espállase dende os lóbulos mamarios até o tecido normal circundante. Este tipo de cancro representa arredor do 5% de tódolos cancros malignos. A idade das mulleres ás que se diagnostica este cancro con maior frecuencia é entre os 45 e os 56 anos, aínda que se verifican casos en practicamente todas as idades, entre os 28 e os 86 anos.
Representa o 5-10% do total de cancros de mama.
A miúdo, o carcinoma lobular infiltrante pode atoparse en máis dunha rexión do mesmo seo (multicéntrico) ou ben en ambos os seos (bilateral), isto último entre 6 e 28%.miniatura|Carcinoma lobular invasor. Trátase de células pequenas, con núcleos regulares e redondos e nucléolos discretos, mitoses escasas, citoplasma pouco abundante, dispostas en ringleiras, ou arrodeando estruturas ductais normais.|centro Notas
Categoría:Cancro de mama