Un plantoide é un robot ou forma de vida artificial deseñada para lucir, actuar e medrar como unha planta. O concepto foi orixinalmente descrito en 2010 Consultado 2018-07-16 (aínda que os modelos de sistemas comparables controlados por redes neuronais remóntanse a 2003) e ata agora mantívose no plano teórico. Un prototipo da Axencia Espacial Europea atópase agora en desenvolvemento.
Un plantoide incorpora por definición arquitectura distribuída consistente en módulos autónomos e especializados. Os módulos poden ser modelados como partes da planta e comunicarse de xeito simple. Intelixencia de Enxame. Este tipo de sistemas pode amosar unha notable robustez e resiliencia. Suponse que é capaz de recoletar e xestionar enerxía, se pode ter conciencia ambiental colectiva e moitas outras funcións. Historia
No 2016 un plantoide autónomo programado para aceptar doazóns de Bitcoin e usalas para pagar a un artista que o replique, foi creado por Primavera de Filippi, fundadora de Okahos, colectivo artístico tras a concreción do proxecto, que é tamén profesora asociada na facultade Berkman-Klein Center da Universidade Harvard e tamén é investigadora no Centre National de la Recherche Scientifique.
O programa auto-executado (un contrato intelixente na cadea de bloques de Ethereum) automatiza as transaccións. As persoas doadoras votan para determinar cal artista (ou colectivo artístico) construirá a seguinte versión. O plantoide contrata ós artistas e lles paga como parte do contrato. As primeiras versións do plantoide e os seus creadores reciben unha parte das doazóns, creando un incentivo de mercadotecnia multinivel para que cada xeración teña a máxima descendencia posible. Os creadores supoñen que as versións esteticamente mais atractivas atraerán máis doazóns, creando un impulso para que os artistas poidan producir deseños cada vez máis agradables,
Compoñentes
Un plantoide está composto por dous compoñentes esenciais: O corpo do Plantoide, que é a súa forma física, consistente nun conxunto electro-mecánico que simula a aparencia dunha planta. É unha escultura metálica soldada que se mostra nun espazo público; un adorno estético que exhibe a súa beleza mecánica a quen se atope. Cando entra en contacto con organismos no mundo físico -como seres humanos -que poden amosar algunha forma de aprecio cara ao Plantoide (xeralmente mediante o envío dunha pequena doazón), o Plantoide pode espertar nun baile de música e luces, animado por unha mestura de avaricia mecánica e gratitude. O espírito do Plantoide, i.e. A súa alma, só subsiste no mundo dixital e está representada por un axente de software autónomo que vive nunha cadea de bloques. Isto é o que constitúe a alma actual do Plantoide, xa que o corpo físico é simplemente un medio para conectar a súa lóxica interna con criaturas no mundo físico. Estes dous compoñentes interactúan entre si coa intención de traer ó Plantoide á vida, e o máis importante, asegurar que poida reproducirse e perpetuarse no tempo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Okahos.com:Plantoids Consultado 2018-07-16 Stefano Mancuso: The roots of plant intelligence TED talk. Consultado 2018-07-16
Categoría:Robots Categoría:Cadea de bloques