miniatura|"Sol" de pirita nunha matriz de lousa laminada. Entre capas estreitamente espazadas de lousa, o agregado foi forzado a crecer lateralmente de maneira radial e comprimida lateralmente. En condicións normais a pirita formaría cubos ou piritoedros.
En mineraloxía, o hábito cristalino é a forma externa característica dun cristal individual ou un grupo de cristais. O hábito dun só cristal é unha descrición da súa forma xeral e as súas formas cristalográficas, e de ata que punto está ben desenvolvida cada forma. O aspecto dos minerais pode dividirse en cristais illados, asociacións ou agregados de cristais, e masas.
Recoñecer o hábito pode axudar a identificar un mineral. Cando as caras do cristal están ben desenvolvidas debido a un crecemento con moito espazo dispoñible o cristal denomínase euédrico, un cristal con caras parcialmente desenvolvidas é subédrico, e un con caras non desenvolvidas denomínase anédrico. O eixe longo dun cristal de cuarzo euédrico ten un hábito prismático de seis lados con caras opostas paralelas. Poden formarse agregados de cristais individuais con grans euédricos e anhedricos. A disposición dos cristais dentro dun agregado pode ser característica de certos minerais. Por exemplo, os minerais usados para o illamento con asbesto adoitan crecer nun hábito fibroso, unha masa de fibras finas.Klein, Cornelis, 2007, Minerals and Rocks: Exercises in Crystal and Mineral Chemistry, Crystallography, X-ray Powder Diffraction, Mineral and Rock Identification, and Ore Mineralogy, Wiley, third edition, Wenk, Hans-Rudolph and Andrei Bulakh, 2004, Minerals: Their Constitution and Origin, Cambridge, first edition,
Os termos utilizados polos mineraloxistas para falar dos hábitos cristalinos describen a aparencia típica dun mineral ideal. Recoñecer o hábito pode axudar á identificación, xa que algúns hábitos son característicos. Porén, a maioría dos minerais non mostran hábitos ideais debido ás condicións reinantes durante a cristalización. Os cristais euédricos formados en condicións con moito espazo para crecer sen grans de cristal adxacentes non son comúns; o máis común é que as caras non se formen moi ben ou non se formen contra grans adxacentes e o hábito mineral pode non ser doadamente recoñecible. miniatura|esquerda|Goethita substituíndo cubos de pirita Os factores que inflúen nos hábitos que vai ter un mineral poden ser: unha combinación de dúas ou máis formas cristalinas; trazas de impurezas presentes durante o crecemento; maclado e condicións de crecemento (é dicir, calor, presión, espazo); e tendencias de crecemento específicas como estriacións de crecemento. Os minerais que pertencen ao mesmo sistema cristalino non necesariamente presentan o mesmo hábito. Algúns hábitos dun mineral son únicos dunha determinada variedade ou lacalidade. Por exemplo, mentres que a maioría dos zafiros forman cristais con forma de barril alongado, os que se encontran en Montana forman cristais tabulares grosos. Ordinariamente, ese último hábito é o que teñen os rubís. O zafiro e o rubí son variedades dun mesmo mineral, o corindón.
Algúns minerais poden substituír outros minerais existentes conservando inalterado o hábito orixinal. Este proceso denomínase substitución pseudomórfica. Un exemplo clásico é o cuarzo ollo de tigre, onde o asbesto crocidolita foi substituído por sílice. Aínda que o cuarzo forma tipicamente cristais prismáticos (alongados e con forma de prisma), no ollo de tigre conservouse o hábito fibroso orixinal da crocidolita.
Os nomes dos hábitos cristalinos derivan de:
Caras do cristal predominantes (prisma – prismático, pirámide – piramidal e pinacoide – laminar). Formas do cristal (cúbico, octaédrico, dodecaédrico). Agregación de cristais ou agregados (fibroso, botrioidal, radiante, masivo). Aparencia do cristal (foliado/lamelar (en capas), dendrítico, en coitelas, acicular, lenticular, tabular (con forma de tableta)).
Lista de hábitos cristalinos HábitoImaxeDescriciónExemplo(s) comúnsAcicular250pxCon forma de agullas, delgadas ou que se van afiando e acabando en puntaNatrolita, rútiloAmigdaloide250pxForma de améndoaHeulandita, circonio subédricoCon forma de coitela250pxForma de follas cortantes, delgadas e aplanadasActinolita, CianitaBotrioidal ou globular250pxCon forma de uvas, masas hemisféricasHematite, pirita, malaquita, smithsonita, hemimorfita, adamita, variscitaColumnar250pxSimilar ao fibroso: prismas delgados longos a miúdo con crecemento paraleloCalcita, xeso/selenitaCristado (coxcomb)250pxAgregados de cristais tabulares con follas estreitamente espazadas.Barita, marcasitaCúbico250pxForma de cuboPirita, galena, halitaDendrítica ou arborescente250pxForma de árbore ramificado, ramificándose nunha ou máis direccións desde un punto centralRomanechita e outros minerais de óxido de Mn, magnesita, cobre nativoDodecaédrico250pxDodecaerdro rómbico de 12 ladosGranateDrusas ou incrustacións250pxAgregado de cristais diminutos que recobren unha superficie ou cavidadeUvarovita, malaquita, azurita, cuarzoEnantiomórfico250pxHábito de imaxe especular (é dicir, maclado cristalino) e características ópticas; cristais dextroxiros e levoxirosCuarzo, plaxioclasio, estaurolitaEquante (equant), groso250pxA lonxitude, largura son aproximadamente iguaisOlivina, granateFibroso250pxPrismas extremadamente delgadosGrupo da serpentina, tremolita (é dicir, asbesto)Filiforme ou capilar250pxForma de pelo ou filamento, extremadamente finaMoitas ceolitasFoliado ou micáceo ou lamelar (en capas)250pxEstrutura laminada, separada en finas láminasMica (moscovita, biotita etc.)Granular250pxAgregados de cristais anédricos en matrizBornita, scheelitaHemimórfico250pxCristais con dúas terminacións ou extremos de formas diferentes.Hemimorfita, elbaítaExagonal250pxForma de exágono de seis ladosCuarzo, hanksitaCristais en moega250pxComo o cúbico, pero as porcions externas dos cubos crecen máis rápido que as porcións internas, creando unha concavidadeHalita, calcita, bismuto sintéticoMamilar250pxCon forma de mama: superficie formada por formas esféricas parciais intersectadas, unha versión máis grande que a botrioidal, tamén agregados de capas concéntricasMalaquita, HematiteMasiva ou compacta250pxSen forma definida, non ten forma externa distintivaLimonita, turquesa, cinabrio, realgarNodular ou tuberosa250pxDepósito de formas aproximadamente esféricas con protuberancias irregularesCalcedonia, varias xeodasOctaédrico250pxOctaedro de oito lados (dúas pirámides unidas pola base)Diamante, magnetitaLaminar (en placas)250pxPinacoide prominente, plano, con forma de tabletaWulfenitaPlumoso250pxEscamas con forma de pluma, finasAuricalcita, boulangerita, mottramitaPrismática250pxCon forma de prisma alongado: caras dos cristais ben desenvolvidas paralelas ao eixe verticalTurmalina, beriloPseudoexagonal250pxAparencia exagonal debido ao maclado cíclicoAragonita, crisoberiloRadiante ou diverxente250pxRadiante cara a fóra desde un punto centralWavellita, soles de piritaReniforme ou coloforme250pxSimilar ao botrioidal/mamilar: masas con forma de ril intersectadasHematite, pirolusita, greenockitaReticulado250pxIntercrecementos con forma de rede que forman cristaisCerusitaRoseta ou lenticular (cristais con forma de lente)250pxLaminares en placas, radiando con forma de rosa radiaisXeso, barita (é dicir, rosa do deserto)Esfenoidal250pxForma de cuñaEsfenaEstalactitico250pxFormas coma as das estalactitas e estalagmitas; forma cónica ou cilíndricaCalcita, goethita, malaquitaEstrelado250pxForma de estrela, radiandoPirofilita, aragonitaEstriada250pxNon é un hábito propiamente dito, senón unha condición de liñas que poden crecer en certas caras do cristal en certos mineraisTurmalina, pirita, cuarzo, feldespato, esfaleritaGroso ou en bloques ou tabular250pxMáis alongado que o equante, lixeiramente máis longo que largo, forma de tableta planaFeldespato, topacioTetraédrico250pxCristais con forma de tetraedroTetraedrita, espinela, magnetitaFeixe de trigo250pxAgregados que lembran feixes de trigo seiturados a manEstilbita
Notas
Categoría:Cristalografía Categoría:Mineraloxía